venres, 11 de maio de 2018
Luthiers de 5º 2018
mércores, 9 de maio de 2018
Letras galegas 2018: María Victoria Moreno
En Estremadura, nace esta escritora, corre que te corre, chega a Barcelona.
Gústanlle as linguas, catalán e francés, estuda ben contenta, do dereito e do revés.
Lendo o Principiño, e mais o Quixote, pasa moitas horas, gozando a tope.
Logo en Madrid, estuda Filosofía, enche a súa mochila, día tras día.
Con Jose Luis Llácer, casa en Madrid, e logo para Galicia, marchan vivir.
Case toda a vida vive en Pontevedra, o interese por Galiza medra e medra.
Faise profesora de Literatura, Pero ensinar galego é o que máis lle gusta.
Coñece a Xesús Alonso Montero, con el colle forza o compromiso galego.
Comeza a escribir, con gran puxanza, e abre en Pontevedra a Libraría Xuntanza.
Libros prohibidos pola censura, ela difundía en prol da nosa cultura.
Gaña moitos premios e recoñecementos, con “ Mar Adiante”, “ Anagnórise” ou “O Cataventos”.
Sempre escribindo e sementando con amor o interese por Galiza con valentía e paixón.
Morre o seu marido e ela enferma, que mal! Continúa escribindo e faino sen parar.
Segue dando clases aos seus cachorriños, traballando con eles está no paraíso.
Sempre pensou que tódalas persoas estamos feitas pra facer cousas boas.
Así o fixo e así o transmitiu. Tal compromiso con Galiza poucas veces se viu.
mércores, 25 de abril de 2018
Danzando coa nosa música
Comezamos a sesión cunha explicación moi detallada sobre as diferentes pezas que conforman os traxes tradicionais galegos, tanto de home coma de muller. Non faltaron detalles e anécdotas sobre cando e como colocar os panos, faixas, xustillos... segundo fose o traxe de gala ou de traballo.
Dous compañeiros prestáronse para lucir as vestimentas propias da comarca de Ordes e como podedes ver o resultado foi moi xeitoso.
Patricia foinos explicando o traxe peza a peza:
luns, 16 de abril de 2018
Un bosque musical familiar en galego
Fai clik na imaxe ou no título e poderás ver algunhas destas árbores que formaron o bosque musical deste curso.
mércores, 4 de abril de 2018
Os músicos nos visitan
luns, 2 de abril de 2018
De profesión... Luthier: Suso Gestal
Seguindo a temática proposta polo equipo de Biblioteca para o alumnado de 5º curso, " A Música en Galicia", neste trimestre presentarán os seus instrumentos interpretando música galega, de autores e grupos galegos de todos os xéneros.
Para ilustrarnos un pouco máis sobre o traballo de luthier contaremos coa visita de Suso Gestal, un luthier veciño que no seu obradoiro de Abellá en Frades constrúe e repara instrumentos de vento.
domingo, 18 de marzo de 2018
Tres notas para unha muiñeira
Este relato televisivo está rodado en Galicia, a gran maioría das actrices e actores que lle dan vida aos personaxes son galegos e, como non, a música da serie tamén é galega.
Aínda que non é un programa para o público infantil as pezas e cantigas que aparecen nela están a soar nos medios con moita forza.
O artista Iván Ferreiro foi o encargado de facer a canción da cabeceira da serie, unha muiñeira moi pegadiza con so tres notas que imos tocar na clase.
Clica no enlace ao blog A arca da Marga e poderás ver a partitura.
domingo, 4 de marzo de 2018
Silenciadas
Déixovos un enlace no blog da compañeira Marga Sampaio para achegarnos á obra destas mulleres silenciadas.