Os máis pequenos escoitaron a historia "Que noite máis ruidosa" con ambientación musical e sons na aula. Os máis maiores escoitaron e cantaron cancións de medo. Aquí volas deixo para que as sigades cantando.
Buajajajajá
El vampiro negro
El niño caníbalSe hace de noche
Chumbala cachumbalaE rematamos cunha receita para facer unha empanada de Samaín.
Preparámonos para a chegada de James, o auxiliar de conversa que nos acompañará parte deste curso. Seguro que nos ensina cousas moi interesantes do seu país, Australia
Kookaburra
O Digeridoo
Kookaburra e a frauta doce
Segue estes titoriais para interpretar Kookaburra coa túa frauta:
Dende Australia chégannos tamén outras músicas que escoitamos e traballamos na aula. Dance Monkey con percusión corporal
E rematamos esta entrada con Waltzing Matilda, a canción folclórica máis coñecida de Australia que foi proposta como himno nacional.
Déixovos unha versión interpretada por nenos e nenas, que serviu de cabeceira nunha serie televisiva dos anos 80 "El valle secreto" e outra interpretada por Slim Dusty, cantautor australiano que interpretou esta cantiga na clausura dos xogos olímpicos de Sidney.