A frauta doce

Frauta 3º

Frauta 4º

Frauta 5º

Frauta 6º

Festas de outono

Nadal

Día da Paz

A Candeloria

Entroido

Dia de Rosalia

8 de marzo

Os Maios

Contos musicais

venres, 5 de marzo de 2021

Pingueiras dun mar de música

 O papel da muller no mundo da música ao longo da historia foi un tema descoñecido durante moito tempo.  Foron moitas as mulleres compositoras e intérpretes  de diferentes épocas que se enfrontaron á sociedade do seu momento para poder desenvolver o seu talento musical. Moitas delas estarán silenciadas para sempre. Outras, moi poucas, conseguiron colarse nun mundo pechado para as mulleres e hoxe en día podemos coñecer a súa obra.

Para todas as mulleres compositoras, intérpretes, cantantes, danzarinas…, mulleres músicas, a nosa homenaxe neste 8 de marzo!

Un ano máis propoño que miredes o vídeo, feito pola compañeira Marga Sampaio, cheo de imaxes  sobre a relación  das mulleres coa música ao longo da historia: música para divertir, para entreter, para celebrar, para adormecer, para ensinar, para aprender, para namorar, para emocionar, para relaxar, para  crear, para compartir...   Por que non hei de cantare?

Pingueiras dun mar de música


O curso pasado realizamos un xogo  sobre música interpretada por mulleres galegas. Anímate e  escóitao de novo.