Estamos na semana adicada as Letras Galegas e imos traballar cunha peza da nosa música: un pasodobre tradicional.
Hai unha semanas, a compañeira da Arca da Marga máis eu, fixemos os arranxos da partitura dunha peza tradicional que nos gustou moito. A partires da música que preparamos Marga escribiulle un texto e gravou un vídeo na casa botando man da súa familia. Colgouno no seu blog e presentoullo aos seus alumnos para que fixeran coreografías ou ritmos a partir da música. Aquí volo deixo para que o vexades
Na miña casa eu tamén botei man da familia e preparei outro vídeo cunha versión instrumental da peza: escoita e mira con atención.
Actividades para 1º, 2º e 3º nivel 1. Fai unha lista cos instrumentos que recoñeces no vídeo. 2. Indica ao lado de cada instrumento a familia á que pertence (vento, corda, percusión). 3. Escribe o nome da cantiga galega que máis che gusta cantar. Escribe as respostas no teu caderno ou nun papel e envíamas ao meu correo.
Actividades para 4º, 5º e 6º nivel Aquí tes a partitura do pasodobre.
Fai un análise da partitura igual que facemos na escola:
1. En que compás está? 2. Cal é a nota máis aguda? Cal é a nota mái grave? 3. Cal é a figura máis curta? Cal é a figura máis longa? 4. Cantos compases ten a introducción? 5. O primeiro e segundo pentagrama corresponden coa estrofa. Son case idénticos. O terceiro e cuarto corresponden co retrouso da cantiga; tamén son case iguais. En que se diferencian? Escribe as respostas no teu caderno ou nun papel e envíamas ao meu correo.
Anímovos a todos a que sigades traballando con esta peza: podedes crearlle un texto novo para cantar, facerlle un acompañamento con utensilios que teñades pola casa, invertar unha coreografía ou tocala coa frauta ou outro instrumento melódico. Aquí vos deixo o audio: Pasodobre E rematamos a semana con dous vídeos para escoitar, bailar e cantar. Muiñeira de Chantada a ritmo de hip hop