luns, 29 de abril de 2024

Os maios

A festa dos maios  rinde homenaxe á chegada da primavera, enchendo de cor moitas vilas e cidades galegas. 

No Castelao xa o temos todo preparado para realizar os nosos maios artísticos e dende a aula de música cantaremos de novo as coplas e cancións que acompañan esta fermosa tradición galega.

Fai clic na imaxe


venres, 26 de abril de 2024

Ah, vous dirai-je, maman

 Ah!, vous dirai-je maman é unha canción infantil popular en Francia. A melodía ten a súa orixe nun canto pastoral anónimo  de  mediados do século XVIII  que  pasou a formar parte do repertorio habitual de todos os intérpretes de clavicordio do   s.XVIII. 

Moitas composicións clásicas están inspiradas nesta melodía. Destacamos as "Doce variacións" de Wolfgang Amadeus Mozart e a introdución da melodía no tema "Fósiles" do Entroido dos animais de Camille Saint-Saëns.

Doce variación sobre Ah! vous dirai-je, maman de W.A.Mozart 


Fósiles (Entroido dos animais) de Camille Saint-Saëns


 O texto infantil, engadido posteriormente á melodía, fíxose moi popular, e hoxe en día serve para moitas cancións infantís de todo o mundo. Aquí vos deixo un enlace para que escoitedes algunhas delas. Fai clic na imaxe.
Aquí tes a partitura que interpretaremos coa frauta na aula.