Celebramos o 8 de marzo o día da muller e celebrámolo porque aínda son moitas as desigualdades que existen no mundo entre homes e mulleres.
Na aula de Música temos visto o traballo silenciado que desenvolveron moitas compositoras e intérpretes ao longo da historia. Podes lembralo clicando Silenciadas.
Tamén estudamos como outra arte, a pintura, nos mostra o papel que xogaron as mulleres no mundo da Música en cada unha das etapas da Historia: cantando, danzando, estudando, ensinando, tocando, compoñendo, escoitando, calmando, namorando... Pingueiras nun mar de música.
Son moitas as cancións que temos bailado e cantado na clase feitas ou interpretadas por mulleres galegas. Lembra algunhas delas no puzle Mulleres na Música galega
Este ano comezou petando moi forte para as mulleres da música galega. Zeltia Montes, gañou o Goya á mellor música orixinal pola película El buen patrón. No seu discurso na recollida do premio reivindicou emocionada o traballo das mulleres compositoras. Podes escoitar parte desta obra clicando na imaxe.