mércores, 26 de xaneiro de 2022

Cadea de favores e boas accións para o día da Paz

 Este curso imos conmemorar o día da Paz cunha gran cadea de boas accións que realizaremos entre todo o alumnado e profesorado do Castelao. Fagamos que esta cadea sexa moi grande  e continúe medrando durante todo o ano.

Cadea de favores infinita


Guadi Galego  na súa canción Fronteiras agasállanos cunha fermosa mensaxe: "Mudamos fronteiras por pontes, trazamos un novo mapa, abrindo cancelas con flores"
As Tanxugueiras tamén nos cantan "non hay fronteiras"  na súa  canción  Terra

Nadie se quede atrás,   unha canción interpretada por nenos para celebrar este día 


Na clase de música cantaremos, escoitaremos e acompañaremos con percusión algunhas das canción propostas en cursos anteriores. Podes escoitalas e velas clicando nas entradas correspondentes a Dia da Paz  que tes na columna dereita desta entrada.