Este curso tivemos un entroido diferente na escola xa que non houbo desfiles de disfraces nin festa gastronómica con orellas, filloas e periquitos, pero para que a festa non pare déixovos uns enlaces moi interesantes.
"Vive o entroido galego cos Bolechas" Neste enlace aprenderás moitas cousas interesantes sobre o entroido en Galicia.
"Non pare a festa" unha canción recén saída do forno de Os amigos dos Músicos
"Entroido" de Antonio Luz
"La vida es un carnaval" de Celia Cruz, un clásico destas datas para cantar e bailar.
Para rematar, vai á cociña, colle unhas culleres de pao, os testos das potas ou uns caldeiros e acompaña os ritmos da batucada.