Chegou a primavera e dámoslle a benvida coa música de Vivaldi
Antonio Vivaldi naceu en Venecia (Italia) en 1678. Aprendeu a tocar o violín dende moi pequeno da man do seu pai. Con quince anos iniciou estudos para facerse cura mentres seguiu estudando música.
Ordenouse sacerdote e, debido a unha enfermidade respiratoria que padecía, deixou de facer misa. Conseguiu traballo como profesor de música nun orfanato. Coa orquestra e o coro do Hospicio da Piedade fíxose famoso internacionalmente.
Vivaldi tiña o cabelo de cor vermella polo que lle puxeron o alcume o cura vermello.
Escribiu máis de 800 obras e sentou as bases, como compositor, do modelo de concerto italiano en tres movementos, rápido-lento-rápido.
Escoitemos o 1º movemento da suite As catro estacións que nos describe a primavera.
A primavera
Aquí vos deixo outro vídeo co tema do 1º movemento da Primavera de Vivaldi en forma de musicograma: cando se repite un tema musical aparece o mesmo debuxo, máis grande ou máis pequeno segundo a intensidade.
Unha cancionciña para que bailedes un pouco a ritmo de rock.
E podemos cantar a primavera con Mamá Cabra
Unha fermosa cantiga sobre a primavera. Está en portugués pero seguro que entenderedes o texto do karaoke: Cançäo da primavera.
E outro vídeo que nos fala da primavera cunha fermosas imaxes:
E seguimos con outro Karaoke para os máis maiores: Canción de primavera de Joaquín Sabina.
Feliz primavera!