domingo, 17 de maio de 2020

Enredos coas letras e músicas galegas


Esta semana déixovos as propostas organizadas en tres grupos, de máis sinxelas a máis complicadas, para que enrededes mentres aprendedes.  


Enredos para comezar

1. Escribe o nome dos instrumentos tradicionais que aparecen  nas imaxes neste encrucillado:

2. Adiviñas musicais




Enredos para seguir avanzando

  Para o seguinte enredo debes saber colocar as notas no pentagrama. Facendo clic na imaxe podes repasar a colocación das notas xogando antes de resolver o enredo.




  3. Completa o xeroglífico-texto de notas musicais.


4. E agora busca o nome dos 12 instrumentos da música tradicional que aparecen nas imaxes no caldo de letras:




Enredos para  expertos

5. Para os máis expertos déixovos un sudoku: 

Fíxate ben nas cores, porque no cadrado hai 7 grupos, e cada grupo está formado por sete cadradiños. Completa cada grupo co nome das sete notas musicais... pero, o nome das notas non pode estar repetido nin en vertical (columna) nin en horizontal (fila).


6. A continuación tedes un "Pasapalabra de música galega". Podedes facelo online clicando no título ou a través das imaxes que vos deixo a continuación:

Esta indicación * significa que a palabra que se busca inclúe a letra,pero non comeza por ela.
    


Enviade as solucións dos enredos que fagades ao meu correo   adelacastelao20@gmail.com 
 Poñede no asunto do correo o voso nome, apelidos e o curso no que estades. 
Non é necesario que imprimades os enredos, escribide as solucións no caderno poñendo ben claro o número do enredo ao que lle dades resposta.

Ánimo e a enredar!!!!!

domingo, 10 de maio de 2020

Pasodobre galego

Estamos na semana adicada as Letras Galegas  e imos traballar cunha peza da nosa música: un pasodobre tradicional.

Hai unha semanas, a compañeira da Arca da Marga máis eu, fixemos os arranxos da partitura dunha peza tradicional que nos gustou moito. A partires da música que preparamos Marga escribiulle un texto e gravou un vídeo na casa botando man da súa familia. Colgouno no seu blog e presentoullo aos seus alumnos para que fixeran coreografías ou ritmos a partir da música. Aquí volo deixo para que o vexades




 Na miña casa  eu  tamén botei man da familia e preparei outro vídeo cunha versión instrumental da peza: escoita e mira con atención. 





Actividades para 1º, 2º  e 3º nivel
1. Fai  unha lista cos instrumentos que recoñeces no vídeo.
2. Indica ao lado de cada instrumento a familia á que pertence (vento, corda, percusión).
3. Escribe o nome da cantiga galega  que máis che gusta cantar.

Escribe as respostas no teu caderno ou nun papel e envíamas ao meu correo.




Actividades para 4º, 5º e 6º nivel

Aquí tes a partitura do pasodobre. 



Fai un análise da partitura igual que facemos na escola:

1. En que compás está?
2. Cal é a nota máis aguda?   Cal é a nota mái grave? 
3. Cal é a figura máis curta?   Cal é a figura máis longa?
4. Cantos compases ten a introducción?
5. O primeiro e segundo pentagrama corresponden coa estrofa. Son case idénticos. O terceiro e cuarto corresponden co retrouso da cantiga; tamén son case iguais. En que se diferencian?

Escribe as respostas no teu caderno ou nun papel e envíamas ao meu correo.


Anímovos a todos a que sigades traballando con esta peza: podedes crearlle un texto novo para cantar, facerlle un acompañamento con utensilios que teñades pola casa, invertar unha coreografía ou  tocala coa frauta ou outro instrumento melódico.  Aquí vos deixo o audio:
                          Pasodobre

E rematamos a semana con dous vídeos para  escoitar, bailar  e cantar.

Muiñeira de Chantada a ritmo de hip hop







luns, 4 de maio de 2020

A bailar!!!


O día 29 de abril celebrouse o día internacional da danza

Que vos parece se os próximos días bailamos?

Imos comezar por algo moi noso: Unha muiñeira da man de Uxía lambona e a banda molona. 
 Uxia lambona


Se non es quen de coller os puntos proba a seguir  esta interesante clase que nos da Pesdelán no salón: 



Neste titorial do profe Luis Prego  tamén temos unha muiñeira ben sinxela que nos ensina dende a súa casa.
 Luis Prego




E para os máis aventaxados  e teimudos imos bailar "Global muiñeira" unha campaña publicitaria dunha cadea comercial que fixo que no mundo enteiro se bailara a muiñeira hai tres anos.
 Estes son os pasos: 




No enlace anterior podedes atopar moitas mostras e flashmob de como se bailou esta muiñeira. Déixovos algunha máis:

Muiñeira global no conservatorio                          Flashmob na Coruña
                              
             
E se nos vestimos para bailar?




Aquí tes os debuxos da rapaza e o rapaz co traxe tradicional para que ti os vistas para bailar.
Podes facer o debuxo no teu caderno ou ben recortar e pegar as partes do traxe.


Para rematar esta semana de danza déixovos o enlace a unha páxina moi interesante  que preparou a Fundación da Cidade da Cultura:
"Coa axuda da Raposa Fedella, presentamos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura".
A raposa  Fedella e a danza

  
As solucións dos enigmas que plantexa Fedella aparecen no documento ao final de cada páxina. Non chegamos a tempo para facer o reto final (rematou o día 1 de maio) pero se queres realizar a actividade, envíama ao meu correo.

sábado, 25 de abril de 2020

Notas e figuras

Imos repasar as figuras e notas musicais. 
Primeiro observa as imaxes e lembra o nome e valor das figuras:

Podes escoitar, ver e imitar o que che explica o seguinte vídeo facenco clic na imaxe:


Observa agora a imaxe do pentagrama e a colocación das notas
e canta a escala musical co seguinte vídeo. Os máis maiores podedes facelo coa frauta.

Unha das cancións máis coñecidas sobre a escala musical ensinóunola a película "Sorrisas e bágoas". Déixovos unha versión da representación teatral en castelán deste musical.
  E se queredes escoitar unha breve versión da canción en inglés, déixovos este fragmento da película orixinal e a voz de Julie Andrews.
E para rematar co repaso da escala musical imos escoitar a divertida canción "Do re mi" do grupo Oskorri. Podémola acompañar con algún dos ritmos que aprendemos en entradas anteriores. Se es un alumno de 6º lembra que xa estudamos a partitura desta canción coa frauta.


A continuación déixoche uns pasatempos musicais para que sigas repasando as notas e as figuras. Non é necesario que as descargues. Tes as solucións ao final desta páxina, pero non fagas trampa. 

1. No primeiro cadro presentamos un código no que a cada número lle corresponden tres letras. Elixe a letra  adecuada en cada caso e descubrirás o nome dunha figura musical. Fai o debuxo da figura nomeada.



¿Quién le enseñó a cocinar?
2. Xeroglíficos (están en castelán)



De esta entrada  non me tes que enviar ningunha actividade ao correo pero se tes dúbidas ou queres comentarme  algo escríbeme e contestareiche o máis rápido que poida.  adelacastelao20@gmail.com


domingo, 19 de abril de 2020

En abril libros mil...e música

Se esta semana estivésemos no Castelao estaríamos cantando ou dramatizando algún conto, engadindo sons a algunha historia ou escoitando algún libro versionado en escenarios musicais.

O día 23 de abril é o día do libro. Esta data foi elixida pola UNESCO, para render homenaxe aos libros e aos seus autores,  por coincidir coa data do pasamento de dous dos máis grandes escritores da literatura universal: Willian Shakespeare, escritor en lingua inglesa e Miguel de Cervantes escritor en lingua castelá e autor de "O Quixote".

Para esta data especial neste tempo de confinamento déixovos estas propostas:
  • Consulta a entrada  O Quixote e a música onde poderás ver e escoitar algunhas cancións e obras inspiradas no personaxe creado por Cervantes.

  • O 23 de abril de 1891 naceu Sergei Prokofiev, compositor ruso que  compuxo Pedro e o lobo, un conto musical baseado nunha historia da literatura popular rusa, para ensinarlle aos nenos e nenas o timbre dos instrumentos da orquestra. Apetéceche velo e escoitalo? 
          Aquí che deixo o enlace á película de animación de Disney
         E se queres escoitar de novo a música de Prokofiev esta é outra versión da  
       historia.

Se fas clic na seguinte imaxe entrarás na páxina creada por Noelia Martín na que podes aprender máis sobre o conto Pedro e o lobo. (Os dous enlaces aos vídeos e ás actividades non funcionan) 

No blog andariega musical, atopei outra páxina interesante para seguir coa historia de Pedro e o lobo.  Na parte inferior da páxina tedes enlaces interesantes das diferentes versións audiovisuais do conto e moita información sobre os instrumentos que aparecen nel. Tamén tedes fichas para colorear ou facer títeres cos personaxes.



  • A seguinte proposta consiste en que constrúas un mini libro. Segue as instruccións:
Colle  un folio ou unha folla de libreta.
Pensa nunha canción breve que che guste: pode ser unha canción infantil, tradicional, moderna...
Escribe o texto da canción  repartido en 8 parágrafos (son as follas que vai ter o teu mini libro).
Colle o folio ou a folla e dobrao en oito partes seguindo as instruccións:

      Abre a túa folla e numera as páxinas seguindo a orde indicada na seguinte imaxe:

Fíxate ben nas páxinas 4, 5, 6 e 7 do teu mini libro: tes que virar a folla 180º para que quede ben unha vez que o dobres. Xa so che queda escribir o texto e facer as ilustracións. Podes debuxalas ti ou empregar recortes, pegatinas...

Eu fixen un mini libro coas dúas primeiras estrofas da canción Fun ao mercado.
Este foi o resultado



 

Se queres escoitar a cantiga e traballar o seu ritmo fai clic na entrada da Arca da Marga

  • Dicía don Quixote "Donde música hubiere, cosa mala no existiere" e seguindo este consello a derradeira das propostas que che fago e que collas un bo libro e disfrutes coa súa lectura, e se pos música de fondo... aínda mellor! 

domingo, 12 de abril de 2020

Ritmo e máis ritmo

Imos comezar a semana con moito ritmo.
Primeiro repasaremos as figuras musicais e a súa representación con algúns xogos:


 Negra y silencio





Imos agora con outro exercicio que temos feito algunha que outra vez na clase. Podes facelo con palmas, petando nas pernas, na mesa ou con calquera obxecto sonoro que che veña ben.


Séntate diante dunha mesa e imita a este profe:
Podes facelo un pouco máis complicado?


Se che sae moi ben acompaña a estas artistas:


Busca un vaso de plástico ou de cartón e practica os ritmos que nos ensinan estas rapazas. Son moi doados.

Colle un bolígrafo ou algo similar e segue os consellos deste profe:

Imos acompañar con percusións corporais  unha canción moi de moda estes días:


E para rematar busca un caldeiro ou un bote grande que teñas na casa, colle dous paus (lapis, culleres de pau, paus chinos...) que che sirvan como baquetas e a tocar!