Hoxe o profe Óscar trouxo á clase de música un Theremin.
O Theremin é un instrumento musical inventado polo físico e violonchelista ruso Leon Theremin en 1919. Foi un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos. Ten un timbre moi peculiar que semella a algo entre o son dun violonchelo e a voz humana pero o máis curioso deste instrumento é que o intérprete non ten contacto físico con el en ningún momento.
O diseño deste instrumento consiste nunha caixa con dúas antenas. A antena dereita é recta e está en posición vertical e serve para controlar o tono. A antena esquerda está en posición horizontal con forma de bucle e controla a intensidade. Achegando ou separando as mans de cada unha das antenas e sen chegar a tocalas conseguimos sons diferentes: canto máis preto poñamos a man na antena da dereita máis agudo será o son e canto máis nos acheguemos á esquerda máis baixará a intensidade.
Theremin |