Nos séculos XV e XVl perfeccionouse a música vocal con distintas voces que soaban de xeito simultáneo (polifonía) e aparecerona as primeiras óperas da man de Claudio Monteverdi. Os instrumentos adquiriron unha función específica na sociedade: o órgano soaba nas cerimonias relixiosas, os instrumentos de corda nas reunións familiares e os de vento metal nos actos públicos da nobleza.
A invención da imprenta moderna na man de J. Gutenberg hacia 1450 revolucionou a difusión do coñecemto e no ano 1501 imprimiuse o primeiro libro de partituras da historia.
Nesta etapa aparece o oficio de luthier, artesáns constructores de instrumentos.
O gusto de nobles, príncipes e reis polos bailes fixo que se compuxeran novas danzas como a pavana e o minué.
Déixovos vídeos sobre os instrumentos, músicas e danzas renacentistas.
El Grillo (Josquin des Prez)
Os instrumentos do Renacemento