Recientemente a nosa compañeira Olga ofreceu un concerto na cidade de Granada formando parte do trío Capriccio vocale, xunto co barítono Fernando Enseñat e o pianista Julián Jesús Pérez.
O concerto, cun repertorio que incluía cancións populares españolas e fragmentos de zarzuelas, emocionou a todo o público asistente. A prensa do día seguinte comentou a "excelente calidade dos artistas e o acerto nas interpretacións baseadas en suaves matices".
Dende alí nos chegan estas imaxes e as súas marabillosas voces.Parabéns Olga, é sempre un pracer escoitarte!