Coa caída do Imperio Romano no
século V o feudalismo impúxose en Europa. A vida
desenvolveuse entón arredor dos mosteiros e dos castelos. Nesta etapa desenrólase a Arte Románica e a
finais da Idade Media aparece o estilo
Gótico.
A música medieval caracterízase polo
predominio da música vocal relixiosa, especialmente Canto Gregoriano, e o
desenrolo da polifonía (canto a varias voces).
O Canto Gregoriano é un canto
relixioso, ao unísono, en latín, con ritmo libre e a “capella”(sen
acompañamento instrumental). Chámase así
por ser o Papa Gregorio I quen reuniu e unificou os cantos que se realizaban
nas liturxias de toda Europa.
Guido dÁrezzo no século XI puxo nome aos sons da nosa escala musical
collendo a primeira sílaba de cada un dos versos do Himno a san Xoán Bautista.
Na corte de do rey Alfonxo X o Sabio, no século XIII, creáronse máis de catrocentas cancións adicadas
á Virxe en lingua galega: as Cantigas de Santa María.
A música profana (non relixiosa)
nesta etapa estivo interpretada por trobeiros e xograres.
Os xograres eran artistas ambulantes
que levaban a música polas vilas e cidades durante a Idade Media. Acompañaban
as súas actuacións con mímicas e dramatizacións para divertir e entreter ao
público.
Os trobeiros eran poetas e músicos
pertencentes á nobreza. Eran moi cultos e compoñían a súa música e os seus
versos cun fin didáctico e de entretemento. Cantaban temas sobre lendas de
cabaleiros, textos sobre a vida na corte e sobre todo, cantábanlle ao amor.
Instrumentos medievais





