mércores, 29 de abril de 2026

A música na Idade Antiga

A Idade Antiga é o período da historia definido polo xurdimento das primeiras civilizacións que tiveron escritura: Exipto, Grecia, Roma, India, China; Persia…

En todas estas culturas a música tivo moita importancia na vida cotiá pero sobre todo nas cerimonias relixiosas e militares.

Na  Grecia  clásica a música estaba presente na escola, no traballo  e en todos os actos sociais.  O estudo da música abarcaba a poesía o teatro e a danza e tiña consideración de ciencia e arte.

Pitágoras estableceu as proporcións e a distancia entre as notas e estudou a relación da música coas matemáticas.

O Imperio Romano continuou cos estilos musicais gregos pero con  influencia dos países dominados. Na antiga Roma, a música era un entretemento. Estaba presente nos espectáculos e nos  acontecementos sociais.

Grazas as representacións artísticas (pinturas, esculturas...) coñecemos como eran os instrumentos e a música nesta etapa da historia.

                                 Instrumentos musicais da Idade Antiga