luns, 30 de xaneiro de 2017

A Candeloria, cando casan os paxariños.

O 2 de febreiro é o día da Candeloria ,festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos. Dise que é o día no que casan os paxariños.
Hoxe en día é una data relixiosa na que se bendicen as candeas que serán empregadas nas celebracións da Semana Santa, mais, antigamente, en Galicia, considerábase esta data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Tamén se dicía que era a época na que os paxaros casaban e comezaban a preparar niños para as súas crías. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois dunha longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
Na literatura popular hai moitas referencias á Candeloria, sobre todo no noso refraneiro: 


Pola Candeloria casan os paxaros e máis a galiñola.

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra.
Se chora ou ri, a metade do inverno está por vir.
Se chora e fai vento, aínda o inverno está dentro.
Que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.


Na clase de música celebraremos a Candeloria cantando cancións que coñecemos, nos gustan e dalgún xeito fan referencia a esta celebración.

Eu teño alguén (María Fumaça)

Quérote mais ( O Sonoro Maxín)



O amor é un dos temas máis frecuentes dentro da música en calquera dos seus xéneros e estilos. A música é quen de conmovernos, animarnos, entristecernos, enfadarnos... ; é a compañeira perfecta para o amor. A música pode expresar todo o que non se pode dicir con palabras, é unha linguaxe universal entendida por todo o mundo.
A música tradicional, moderna ou clásica cántalle ao amor ou inspírase nel: amores románticos, platónicos, fraternais, amor á terra, amor aos lugares, amor ás ideas... todos e cada un deles son expresados a través da música de incontables xeitos diferentes.

Déixovos algúns exemplos aínda que a vós seguro se vos ocorren moitos máis:

L'amour est un oiseau rebelle, da ópera Carmen, de Bizet  

Soño de amor, nocturno para piano de Franz Lizst



One Hand, One Heart, do musical West side story  de L. Berstein




Mon coeur s'ouvre á ta voix, da ópera Sansón e Dalila de Camille Saent-Sains
A herba de namorar, Luar na lubre
Valse de amor, Radio Cos


El amor de mi Tierra, Carlos Vives


All you needs is love, The Beatles





martes, 17 de xaneiro de 2017

Agrupamentos instrumentais

Neste trimestre, co alumnado de 6º, imos estudar as diferentes agrupacións de instrumentos. Para que podades comezar  a realizar o traballo proposto na aula déixovos  algúns enlaces interesantes: 

No blogue Caixa de xogos  tes actividades interesantes para recoñecer instrumentos e agrupacións instrumentais. Lembra facer un clic sobre a pestana Flipcard e despois en Etiquetas.

Agrupacións instrumentais

 
Grupos de cámara


A Banda


A orquestra

Gameláns





luns, 9 de xaneiro de 2017

Xaneiro e os xoguetes

Despois duns días de descanso voltamos á escola cheos de historias que nos aconteceron no Nadal, onde os agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos teñen un protagonismo especial.

Déixovos un enlace ao blog de Marga Sampaio que nos relaciona a música cos xoguetes.