O alumnado de 5º e 6º exerceu de luthier este trimestre creando uns estupendos instrumentos musicais con materiais de refugallo. Algúns deles inspiráronse no país que traballaron durante o curso e presentaron instrumentos tradicionais do país correspondente ou fixeron unha interpretación musical propia dese lugar co seu instrumento. Finalmente prepararon unha exposición agrupando todos os instrumentos por familias. Aquí vos deixo unha mostra.
sábado, 21 de maio de 2022
Luthiers 2022
luns, 7 de marzo de 2022
Un oito de marzo máis
Celebramos o 8 de marzo o día da muller e celebrámolo porque aínda son moitas as desigualdades que existen no mundo entre homes e mulleres.
Na aula de Música temos visto o traballo silenciado que desenvolveron moitas compositoras e intérpretes ao longo da historia. Podes lembralo clicando Silenciadas.
Tamén estudamos como outra arte, a pintura, nos mostra o papel que xogaron as mulleres no mundo da Música en cada unha das etapas da Historia: cantando, danzando, estudando, ensinando, tocando, compoñendo, escoitando, calmando, namorando... Pingueiras nun mar de música.
Son moitas as cancións que temos bailado e cantado na clase feitas ou interpretadas por mulleres galegas. Lembra algunhas delas no puzle Mulleres na Música galega
Este ano comezou petando moi forte para as mulleres da música galega. Zeltia Montes, gañou o Goya á mellor música orixinal pola película El buen patrón. No seu discurso na recollida do premio reivindicou emocionada o traballo das mulleres compositoras. Podes escoitar parte desta obra clicando na imaxe.
domingo, 13 de febreiro de 2022
Día de Rosalía
O día 23 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a nosa escritora máis ilustre.
Son moitos os músicos que se achegaron á obra de Rosalía transformando os seus poemas en cancións. Aquí deixo unha pequena mostra dalgúns deles que escoitaremos e cantaremos estes días na escola.
Un repoludo gaiteiro interpretado por Amancio Prada
Airiños airiños aires na versión de Juan Ramos e Carol Sospedra
Adios ríos, adios fontes nunha versión moi rockeira de Astarot
Vamos bebendo, interpretada por Amancio Prada e Martirio
Has de cantar, interpretada por Uxía
Alborada interpretada polo gaiteiro Carlos Nuñez e a cantante Wöiza
Airiños airiños aires na versión de Os Tamara
Negra sombra con Luz Casal
mércores, 26 de xaneiro de 2022
Cadea de favores e boas accións para o día da Paz
Este curso imos conmemorar o día da Paz cunha gran cadea de boas accións que realizaremos entre todo o alumnado e profesorado do Castelao. Fagamos que esta cadea sexa moi grande e continúe medrando durante todo o ano.
Cadea de favores infinita