domingo, 24 de xaneiro de 2021

O mundo é grande

Despois de comezar  o ano na aula de Música lembrando o concerto de ano novo, co Danubio azul e a Marcha Radetzky, preparámonos para celebrar o Día da Paz.

Comezamos coa cantiga  “O mundo é grande”  con texto de Mamá Cabra e música de Leroy Anderson (O reloxo sincopado).

Primeiro escoitamos a peza, adiviñando os instrumentos que aparecen nela nas diferentes partes.  


Despois acompañamos a música cos nosos “botes”.

E agora cantamos o texto que nos presenta o grupo Mamá Cabra


A literatura infantil forma parte do noso día a día na aula de Música. Para conmemorar o 30 de xaneiro lembramos algúns dos contos que  ademais de traballar contidos musicais nos achegan reflexións moi axeitadas para esta data.

  


   

Traballamos o ritmo, as  familias e a agrupacións instrumentais con algúns dos temas de Playing for Change, un movemento musical creado para inspirar e conectar o mundo a través da música: a música pode romper límites e superar a distancia entre as persoas.

Imagine 

Don't worry be  happy
Celebration
What at wonderfoul world


E para rematar a entrada de hoxe, déixovos cun clásico nestas datas " If i had a hammer".  Tedes a letra en castelán e unha estupenda versión do ano 1964, en italiano con Rita Pavone e toda a súa forza.

 .

Si tuviera un martillo,  golpearía en la mañana

golpearía en la noche por todo el país.

Alerta el peligro debemos unirnos para defender   la paz.

Si tuviera una campana, tocaría en la mañana

tocaría en la noche  por todo el país.

Alerta el peligro  debemos unirnos para defender la paz.

Si tuviera una canción,  cantaría en la mañana

cantaría en la noche por todo el país.

Alerta el peligro  debemos unirnos para defender la paz.

Ahora tengo un martillo y tengo una campana

y tengo una canción que cantar por todo el país.

Martillo de justicia, campana de libertad  y una canción de paz.