domingo, 17 de xaneiro de 2016

Apertas


Este curso imos celebrar o día da Paz con APERTAS

.




 Cunha aperta podemos reciir ou aportar  cariño, afecto, amor, protección, consolo, amizade, cordialidade, confianza, seguridade, gratitude e moitas máis cousas, todas elas positivas.


Na aula de música espérannos moitas apertas musicais:

Comezamos co tema de  Magin Blanco Rumba das aperta


Na Historia de un abrazo veremos unha fábula narrada sen palabras sobre a importancia das apertas dende a nosa infancia.



A forza dunha aperta é unha curta de animación sobre o poder das apertas fronte á violencia. 
Déixovos unha versión co fondo musical Apertas que voan de Paco Nogueira



E para os máis pequenos a canción Abrazo de oso


QUE AS APERTAS VOS ACOMPAÑEN!!!

sábado, 16 de xaneiro de 2016

Instrumentos musicais do mundo

A proposta deste trimestre para os LUTHIERS de 5º é a construción de instrumentos musicais con materiais de refugallo pero baseándose en instrumentos tradicionais dos cinco continentes, seguindo o fío temático proposto para este curso: Os xogos olímpicos.

Na aula de música e na biblioteca da escola podedes consultar diferentes libros que vos poden axudar na investigación sobre este tema así como na elaboración do voso instrumento.
Tamén na  INTERNET atoparades moita información sobre a construción de instrumentos reciclando materiais e moitas imaxes e información sobre instrumentos de todo o mundo.

Déixovos algúns enlaces interesantes:


Nesta páxina do Consello  da Cultura Galega atopamos unha completísima e moi interesante recopilación dos instrumentos musicais da nosa terra organizados en familias instrumentais realizada por Pablo Carpintero Arias.





Na Wikipedia atopamos unha páxina na que aparecen os instrumentos organizados por países.




Tamén vos deixo algún vídeo no que ademais de ver podedes escoitar o son dos instrumentos.

INSTRUMENTOS DE ÁFRICA:


INSTRUMENTOS MUSICAIS DE OCEANÍA:



INSTRUMENTOS DE AMÉRICA:





INSRUMENTOS DE VENTO: 




INSTUMENTOS DE PERCUSIÓN









INSTRUMENTOS DE CORDA





luns, 11 de xaneiro de 2016

David Bowie




 Onte deixounos David Bowie, un gran músico.  
Bowie  non era un músico máis, era único porque non se parecía a ningún outro músico. 
Cantante, instrumentista, fascinado polo cine, o arte, a moda,  os libros,  David Bowie viviu dende moi novo en constante evolución e transformación. Foi atrevido en todas as facetas da súa vida mais non seguindo as modas senón creando a súa propia.

Aqueles que o   o coñeceron e traballaron ao seu carón destacan del a súa gran elegancia, amabilidade e os modais exquisitos cos que trataba  á prensa, aos fans e todo aquel que se lle achegaba.