Na semana das Letras Galegas pedinlle ao alumnado de 1º, 2º e 3º nivel que me dixeran cal era a súa canción favorita en galego. Houbo moitas e diferentes respostas que abarcaron todos os estilos musicais, e das que tomei boa nota para traballar con elas cando poidamos volver á escola. Pero cunha aplastante maioría o título máis mencionado foi "A saia de Carolina" así que o traballo desta semana virará en torno a esta peza.
Para comezar imos escoitar diferentes versións da canción A saia da Carolina
3. A saia da Carolina Versión portuguesa
E agora busca unhas culleres, uns paus, unha tixola ou o que teñas máis preto para acompañar coa percusión a versión que fai Uxía Lambona e a banda molona. Fíxate ben na partitura que aparece no vídeo para facer o acompañamento.
Aquí vos deixo a partitura para aqueles que queirades tocala coa frauta ou con outro instrumento melódico.
Para rematar a sesión déixovos un enlace a este xogo onde tedes que identificar as cancións escoitando un anaquiño da súa melodía. Todas as cancións que aparecen no xogo foron mencionadas por algún de vós na tarefa. Xa sei que non están todas, pero faremos outro xogo máis adiante coas que faltan.
Tarefas para enviar ao correo adelacastelao20@gmail.com:
Despois de ver e escoitar as propostas anteriores:
1. Anota no teu caderno cal é a versión da Carolina que máis che gustou explicando brevemente o motivo da túa elección.
2. Investiga sobre outras cancións, galegas ou non, que levan por título un nome de muller e anota no caderno o título e o autor, se o sabes.
Solucións aos enredos da semana pasada:
A participación nas tarefas da semana pasada foi a máis alta en toda esta etapa.
Nembargantes os comentarios sobre os enredos son moi controvertidos: para algúns de vós, foron moi complicados e para outros moi divertidos.
Quero felicitarvos a todas e todos os que enredastes coa música investigando na busca das solucións e de xeito especial aos máis pequenos que traballastes en familia. Parabéns!!!!