luns, 21 de outubro de 2013

Unha viaxe musical

No mes de xaneiro asistiremos a un concerto musical moi especial da man da Orquestra  Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a  Real Filharmonía.
Interpretarán danzas, oberturas e  marchas   de diferentes compositores que nos invitarán a viaxar musicalmente arredor do mundo.

Aquí tedes un adianto do que imos escoitar:



Elgar: Pompa e Circunstancia, (1ª Marcha)


Pompa e circunstancia, é unha serie de cinco marchas orquestrales compostas por Edward Elgar (1857- 1934). A máis coñecida é a Marcha n.º 1, e polo xeral  " Pompa e circunstancia"  refírese a esta única peza. O estreno realizouse en Londres en 1901, e a audiencia pediu dúas repeticións.

En 1902 foi adaptada para a coroación do rei Eduardo VII  de Inglaterra incorporando o texto da oda “Land of Hope andGlory”. A fórmula tivo moito éxito e Elgar compuxo outras marchas, presentadas en 1905, 1907 e finalmente a quinta en 1930.

En Estados Unidos, a Marcha n.º1 é coñecida simplemente como “Himno de graduación” e está directamente asociada coas cerimonias de colación de grados. Esa misma Marcha, tamén é empregada noutros países, non so como Graduación en colexios, tamén de Titulación en Institucións de Educación Superior, para recibir Diplomas e iniciar a Procesión Inicial de ditas Ceremonias.





Agora esoitaremos outra versión con coros.

                          

Esta música   empregouse  tamén na película Fantasía 2000 .





Ketelbey: "Nun mercado Persa"


Albert W. Ketelbey  (1875-1959) foi un compositor inglés, pero tamén editor de música e director dunha  firma discográfica inglesa. Escribiu música para o teatro londiniense e moitas das súas obras foron empregadas como acompañamento de películas de cine mudo e nos salóns de baile.
"Nun mercado persa"  é unha pequena  peza de música escrita en 1920, moi popular pola súa  forza descritiva e polas fermosas melodías que contén.  Con esta obra, Ketelbey intentou pintar con música o barullo  dun  mercado de Bagdad.
A obra componse de 10 escenas  diferentes, cada unha delas co seu propio tema musical. 








                                        

             Nun mercado persa de hai.... dous anos
 
              
Nun mercado persa from adela66


No seguinte enlace podes atopar diferentes actividades relacionadas con esta peza musical
NUN MERCADO PERSA

Podes intentar tocar coa frauta o tema dos mendigos

Rossini: Obertura de "Il signore Bruschino"


“Il Signor Bruschino” é  unha ópera buffa  nun so acto composta en 1813 polo compositor italiano  Gioachino Rossini .
 A trama  sitúase nun castelo francés onde Sofía e Florville, dous mozos moi namorados queren casar pero non contan coa aprobación das súas familias que se opoñen ao enlace. 
    Ela  está prometida  por contrato co fillo do señor Bruschino  ao que non coñece.
    O mozo Florville   aproveitase da  situación  e faise pasar  polo prometido, pero o engano descóbrese cando aparece o noivo  oficial.  Despois duns instantes  caóticos e ante o asombro de todos, os verdadeiros amantes conseguen  o seu propósito.

 Escoitaremos no concerto a obertura  coa que da comezo esta ópera.





Chaikovsky: Danza China de "O crebanoces"

A  «Danza china» é un dos movementos da suite para ballet  O Crebanoces que escribiu  o compositor ruso Tchaikovsky e estrenou en 1892. Esta obra está inspirada no conto de Hoffmann  "O  Crebanoces  e o rei dos ratos"
Componse de tres partes: unha obertura ou introdución, seis danzas (unha delas é a «Danza china») e un movemento final: o «Vals das flores».
O argumento do conto de Hoffmann trata  duns nenos que reciben os seus agasallos de Nadal: unha serie de xoguetes que cobran vida no  soño dunha nena. Este argumento permite que o compositor nos leve, a través das danzas, a mundos exóticos, como é  o caso desta danza («Danza china») ou das outras: «Danza da Fada Confite», «Danza Rusa», «Danza Árabe» e «Danza das Cañas de bambú».
Esta danza está escrita en compás cuaternario  e  trata basicamente dun diálogo entre a frauta e a corda, sobre o murmurio constante do fagot. Ao final do movemento, ese diálogo vaise convertindo nunha pequena discusión na que todos os instrumentos participan á vez, aínda que coa  preponderancia das frautas. Destaca sobre todo o uso de carillóns e o obstinato do fagot ao longo de toda a peza. 
Imos ver a versión que Disney fixo desta peza dentro da película "Fantasía"


Podemos escoitala agora seguindo un musicograma

 



Offenbach: Galop de "Orphée aux Enfers"



   Orfeo nos infernos é unha ópera cómica  do  compositor Jacques Offenbach baseada no mito de Orfeo e Eurídice.

   Jacques Offenbach  naceu en Alemaña en 1819 e morreu en París en 1880.       Foi un gran compositor e violinista , creador da ópera moderna e da comedia musical e un dos músicos máis influentes na música popular europea do século XX.

  O fragmento que escoitaremos no concerto corresponde ao Galop final da ópera,  que se fixo moi popular en todos os teatros e salóns de baile:o can can

  O cancán é un baile rápido e vivaz, escrito en compás de 2/4 que se baila habitualmente nun escenario formando unha fila e caracterízase por movementos provocativos, patadas altas e alzamento e movemento das saias e vestidos das danzarinas



 





Copland: Hoe Down da Suite "Rodeo"


Aaron Copland  ( 1900 - 1990) foi un compositor de música clásica estadounidense que destacou tamén pola súa labor como pianista, profesor e  como compositor de música para o cine polo que foi nomeado  varias veces para o s premios Óscar (conseguiuno en 1950).
Compuxo o ballet Rodeo en 1942 e coa súa música  e a coreografía de Agnes de Mille narra  unha historia que nos sitúa no oeste americano onde unha vaqueira  busca o amor.  

Escoitaremos  “ Hoe Dow” , a última das pezas que forman esta suite para ballet.





Emerson, Lake & Palmer, unha banda británica  de  rock progresivo moi popular na década dos 70 publicou en 1972 unha versión moi particular da obra HoeDown de Copland.


                                      





 A artista Eleanor Stewart  crea unha animación moi orixinal para acompañar a música de Hoe Down

 Hoe Down musicograma


mércores, 9 de outubro de 2013

Teranga. El legado de los griots del Senegal

Proximamente asistiremos ao concerto  "Teranga. O legado dos griots do Senegal"  no que os músicos e bailaríns do grupo  Djilandiang nos achegarán a danza e a música tradicional senegalesa.


Podemos  practicar algún dos seus xogos de ritmo, palabras e danzas con estes videos que nos enviaron.


Teranga

        Djilandiang

                   

luns, 7 de outubro de 2013

De viaxe por...África



Aquí vos deixo un estupendo enlace sobre os instrumentos tradicionais da música africana.
Fai clic na imaxe