sábado, 25 de abril de 2020

Notas e figuras

Imos repasar as figuras e notas musicais. 
Primeiro observa as imaxes e lembra o nome e valor das figuras:

Podes escoitar, ver e imitar o que che explica o seguinte vídeo facenco clic na imaxe:


Observa agora a imaxe do pentagrama e a colocación das notas
e canta a escala musical co seguinte vídeo. Os máis maiores podedes facelo coa frauta.

Unha das cancións máis coñecidas sobre a escala musical ensinóunola a película "Sorrisas e bágoas". Déixovos unha versión da representación teatral en castelán deste musical.
  E se queredes escoitar unha breve versión da canción en inglés, déixovos este fragmento da película orixinal e a voz de Julie Andrews.
E para rematar co repaso da escala musical imos escoitar a divertida canción "Do re mi" do grupo Oskorri. Podémola acompañar con algún dos ritmos que aprendemos en entradas anteriores. Se es un alumno de 6º lembra que xa estudamos a partitura desta canción coa frauta.


A continuación déixoche uns pasatempos musicais para que sigas repasando as notas e as figuras. Non é necesario que as descargues. Tes as solucións ao final desta páxina, pero non fagas trampa. 

1. No primeiro cadro presentamos un código no que a cada número lle corresponden tres letras. Elixe a letra  adecuada en cada caso e descubrirás o nome dunha figura musical. Fai o debuxo da figura nomeada.



¿Quién le enseñó a cocinar?
2. Xeroglíficos (están en castelán)



De esta entrada  non me tes que enviar ningunha actividade ao correo pero se tes dúbidas ou queres comentarme  algo escríbeme e contestareiche o máis rápido que poida.  adelacastelao20@gmail.com


domingo, 19 de abril de 2020

En abril libros mil...e música

Se esta semana estivésemos no Castelao estaríamos cantando ou dramatizando algún conto, engadindo sons a algunha historia ou escoitando algún libro versionado en escenarios musicais.

O día 23 de abril é o día do libro. Esta data foi elixida pola UNESCO, para render homenaxe aos libros e aos seus autores,  por coincidir coa data do pasamento de dous dos máis grandes escritores da literatura universal: Willian Shakespeare, escritor en lingua inglesa e Miguel de Cervantes escritor en lingua castelá e autor de "O Quixote".

Para esta data especial neste tempo de confinamento déixovos estas propostas:
  • Consulta a entrada  O Quixote e a música onde poderás ver e escoitar algunhas cancións e obras inspiradas no personaxe creado por Cervantes.

  • O 23 de abril de 1891 naceu Sergei Prokofiev, compositor ruso que  compuxo Pedro e o lobo, un conto musical baseado nunha historia da literatura popular rusa, para ensinarlle aos nenos e nenas o timbre dos instrumentos da orquestra. Apetéceche velo e escoitalo? 
          Aquí che deixo o enlace á película de animación de Disney
         E se queres escoitar de novo a música de Prokofiev esta é outra versión da  
       historia.

Se fas clic na seguinte imaxe entrarás na páxina creada por Noelia Martín na que podes aprender máis sobre o conto Pedro e o lobo. (Os dous enlaces aos vídeos e ás actividades non funcionan) 

No blog andariega musical, atopei outra páxina interesante para seguir coa historia de Pedro e o lobo.  Na parte inferior da páxina tedes enlaces interesantes das diferentes versións audiovisuais do conto e moita información sobre os instrumentos que aparecen nel. Tamén tedes fichas para colorear ou facer títeres cos personaxes.



  • A seguinte proposta consiste en que constrúas un mini libro. Segue as instruccións:
Colle  un folio ou unha folla de libreta.
Pensa nunha canción breve que che guste: pode ser unha canción infantil, tradicional, moderna...
Escribe o texto da canción  repartido en 8 parágrafos (son as follas que vai ter o teu mini libro).
Colle o folio ou a folla e dobrao en oito partes seguindo as instruccións:

      Abre a túa folla e numera as páxinas seguindo a orde indicada na seguinte imaxe:

Fíxate ben nas páxinas 4, 5, 6 e 7 do teu mini libro: tes que virar a folla 180º para que quede ben unha vez que o dobres. Xa so che queda escribir o texto e facer as ilustracións. Podes debuxalas ti ou empregar recortes, pegatinas...

Eu fixen un mini libro coas dúas primeiras estrofas da canción Fun ao mercado.
Este foi o resultado



 

Se queres escoitar a cantiga e traballar o seu ritmo fai clic na entrada da Arca da Marga

  • Dicía don Quixote "Donde música hubiere, cosa mala no existiere" e seguindo este consello a derradeira das propostas que che fago e que collas un bo libro e disfrutes coa súa lectura, e se pos música de fondo... aínda mellor! 

domingo, 12 de abril de 2020

Ritmo e máis ritmo

Imos comezar a semana con moito ritmo.
Primeiro repasaremos as figuras musicais e a súa representación con algúns xogos:


 Negra y silencio





Imos agora con outro exercicio que temos feito algunha que outra vez na clase. Podes facelo con palmas, petando nas pernas, na mesa ou con calquera obxecto sonoro que che veña ben.


Séntate diante dunha mesa e imita a este profe:
Podes facelo un pouco máis complicado?


Se che sae moi ben acompaña a estas artistas:


Busca un vaso de plástico ou de cartón e practica os ritmos que nos ensinan estas rapazas. Son moi doados.

Colle un bolígrafo ou algo similar e segue os consellos deste profe:

Imos acompañar con percusións corporais  unha canción moi de moda estes días:


E para rematar busca un caldeiro ou un bote grande que teñas na casa, colle dous paus (lapis, culleres de pau, paus chinos...) que che sirvan como baquetas e a tocar!