O trombón é un instrumento musical aerófono da familia do vento metal. O
son prodúcese grazas á vibración dos beizos do intérprete na boquilla a
partires da columna de aire.
As diferentes notas obtéñense polo movemento dun tubo móbil, chamado vara,
alongando a distancia que o aire en vibración debe percorrer, producindo deste
xeito sons que tamén se poden controlar cunha maior ou menor presión do
aire soprado polo intérprete na vara: canto máis se alonga a columna de
aire máis grave é o son.
De igual xeito que case todos os instrumentos da familia do vento metal, o
trombón é de latón e consiste nun tubo cilíndrico e aberto enrolado sobre si
mesmo. A vara (corrediza) pode ocupar sete posicións diferentes: para cada
posición corresponde unha serie de notas.
O trombón de varas ten tres partes principais:
Boquilla ou embocadura: peza pequena que se adapta ao tubo do trombón para que o intérprete sopre:
os beizos apóianse nos bordes, vibran e producen o son.
Pavillón: ensanchamento do tubo.
Vara: ten forma de U e móvese en sete diferentes posicións con distinta
lonxitude. As varas do trombón non permiten grandes velocidades cando se toca,
pero é un instrumento perfecto para interpretar glissandos.
Hoxe
Sergio Manteiga trouxo o trombón á clase de música. Presentounos o seu
instrumento explicándonos cada unha das partes que o forman e interpretou dúas
obras musicais para que escoitáramos o son do trombón en directo.
Parabéns Sergio, pola interpretación musical na clase de hoxe e moitas grazas pola túa achega á clase de música.
Nos seguintes enlaces podemos escoitar a Segio na audición da aula de música e tamén na que recientemente tivo no Conservatorio de Santiago