A noite do 31 de outubro celebramos o Samaín, unha festa ancestral en honor de Samaín, deus dos mortos. Os celtas crían que nesa data, coa chegada da noite, o mundo dos mortos facíase máis accesible para os vivos e que os espiritos regresaban á terra facendo trasnadas ata que saían os primeiros raios do sol, co mencer.
Podes escoitar e cantar algunha das obras e cantigas que fixemos na aula de música preparando esta data.