" Que triste está Pulcinella! Perdeu a súa máscara e non a atopa... Sen ela non poderá acudir ao baile. Pasou un martes de Entroido de 1527, no día Grande de Nápoles. Xunto coa súa amiga Colombiba correrán mil aventuras ata atopar a máscara coa que poder disfrazarse para ir á festa."
O alumnado de 5º de primaria asistirá o próximo venres, 1 de decembro, a un concerto. A Real Filharmonía de Galicia interpretará a suite Pulcinella de Igor Stravinsky acompañada da bailarina Marta Placer.
O compositor: Igor Stravinsky
Naceu en San Petesburgo ( Rusia) en 1882. O
seu pai, cantante de ópera, pertencía a unha familia importante da cidade.
Aínda que de neno aprendeu a ler partituras e tocar o piano, o seu pai nunca
apoiou o seu interese pola música.
En 1902, despois da morte do seu
pai, coñeceu a Rimski-Korsakov,
(un dos compositores rusos máis importante do momento) quen se converteu no seu
profesor de música e con quen aprendeu a compoñer.
Stravinsky compuxo, durante 60 anos, obras que abranguen gran
cantidade de estilos e formas: compuxo óperas, sinfonías, pezas para piano e
ata obras para grupos de jazz.
Adquiriu fama internacional con tres ballets: O paxaro de lume (1910), Petrushka (1911/1947) e A consagración da primavera (1913).
Pulcinella
Pulcinella ou Polichinela é un
personaxe da Commmedia dell’Arte italiana utilizada no teatro de titeres dende
o século XVll . Representa a un criado astuto cunha gran habilidade para resolver todos os
problemas que se lle presentan.
En 1922 Stravinsky suprimiu as partes cantadas do ballet dando lugar á
suite que imos escoitar no concerto.
O termo ballet tamén se usa
para designar unha peza musical composta, a propósito, para ser interpretada a
través da danza . O ballet é unha das artes escénicas.
Se queres saber máis sobre o ballet fai clic na imaxe
Que instrumentos recoñeces nos dous primeiros videos? A que familia pertencen? Soan todos ao mesmo tempo?