luns, 26 de maio de 2014
HUMOR INTELIXENTE E MÚSICA
Joaquín Salvador Lavado Tejón, máis coñecido como QUINO pensador, humorista gráfico arxentino acaba de ser recoñecido co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Quino é o creador de Mafalda, unha tira de prensa na que a protagonista é unha nena que se amosa preocupada pola humanidade e a paz mundial.
Mafalda é unha nena idealista e utópica que reflexiona e critica o mundo no que vive. En moitas das viñetas Quino pon banda sonora aos seus pensamentos: Mafalda ama aos Beatles do mesmo xeito que detesta a sopa.
Podes atopar outras imaxes de Quino relacionadas coa música no blogue
venres, 23 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
O segundo ciclo de primaria celebrou o día das Letras Galegas dun xeito moi musical.
O alumnado de 3º C recitounos un contiño moi primaveral sonorizado por eles mesmos cos instrumentos da aula de música.
Rematamos o acto coa cantiga sobre o autor homenaxeado, Díaz Castro, proposta polos alumnos e alumnas do IES Díaz Castro de Guitiriz.
ODAIKO no Castelao
Hoxe recibimos a visita no cole de catro excelentes percusionistas, o grupo ODAIKO
A través dos seus instrumentos de percusión relatáronnos unha historia moi divertida e chea de ritmos.
A través dos seus instrumentos de percusión relatáronnos unha historia moi divertida e chea de ritmos.
martes, 13 de maio de 2014
OS MAIOS DO CASTELAO
Os MAIOS do Castelao
Para
facer este maio tivemos que ir roubar
o fiuncho e mais as flores para
podelo adornar.
Para
facer este maio cociñou a nosa nai
moitos
ovos e tortillas para podelo adornar.
Para
facer este maio veu Manolo a cravar
catro
paus e unha rede para podelo adornar.
¡Pobres
dos xardíns, dos montes e prados
quedaron
sen nada por onde pasamos!
LUTHIERS DO CASTELAO 2014
O alumnado de 5º de Educación Primaria converteuse
en Luthier fabricando instrumentos musicais
realizados con materiais reciclados. Na
aula de música explicaron como o construíron, os materiais empregados,
demostraron como soa a súa creación e ata se atreveron a interpretar algunha peza instrumental .
luns, 12 de maio de 2014
Semana das letras galegas
Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro pola defensa e uso que fixo da nosa lingua.
É autor dun único libro de poemas en lingua galega,«Nimbos», editado no ano 1961 e no que amosa a súa preocupación por Galicia e polos problemas de todo ser humano, a vida, a morte e o paso do tempo.
Algúns destes poemas están interpretados por grandes músicos galegos.
"Penélope" interpretado por Fuxan os ventos
"Penélope" interpretado por A quenlla
E agora escoitemos " Esa
lus", unha canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro
para conmemorar o ano do autor dos Vilares, empregando unha
melodía moi coñecida para musicar os seus versos e traxectoria
vital.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)