sábado, 26 de novembro de 2016

Contos, cantos e música

Seguimos a cantar, contar e escoitar na aula de música.
Que desastre de frautista!
O frautista de Hamelin pasea moi contento pola vila tocando a súa frauta seguido de todos os habitantes, pero ten un problema: o frautista nunca estudou Educación Vial e descoñece os sinais de tráfico!. Menos mal que tanto novos coma vellos lle botan unha man...
O vello reloxo

Ramón atopa no faiado o  reloxo do avó, vello destartalado e cheo de po. Intenta arranxalo pero a esfera non ten números. Ramón emprende unha aventureira viaxe na súa  busca e coñecerá a nova e sorprendente vida dos números que marcaban as horas no reloxo de parede do seu avó.
Seguiremos a viaxe de Ramón escoitando o andante da sinfonía 101 de  Josef Haydn "O reloxo". Maravillosa!



luns, 21 de novembro de 2016

25 de novembro


O día 25 de novembro é un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia que sofren as mulleres.
Este venres realizaremos un acto simbólico na nosa escola no que rapazas, rapaces e profesorado expresaremos o noso rexeitamento ante esta forma de violencia. 

domingo, 20 de novembro de 2016

Brinca vai! e brincando imos de concerto

O primeiro trimestre vai ramatando e como punto final vainos visitar Paco Nogueira para facernos rir, cantar, bailar e brincar cos seus temas de Brinca vai!
Neste traballo o músico compostelán fai un percorrido polos doce meses do ano cun amplo abano de estilos e  ritmos para achegarnos  moitos dos temas que tratamos na escola ao longo do curso: a natureza, as estacións, os xogos, a lectura, as festas populares...
Aquí vos deixo algunhas das súas cancións para que comecedes a brincar xa:
O apalpador

No Samaín
Apertas que voan
Meu o mundo é
Nun libro
O Entroideiro



sábado, 12 de novembro de 2016

Leonard Cohen, o cantor das palabras.

Leonard Cohen, coa súa voz grave e profunda encheu de música e poesía a vida de moita xente durante máis de cincuenta anos. A súa obra coma poeta e cantautor tivo moita influencia nas creacións  doutros músicos; os seus temas foron versionados por múltiples cantantes de diversos estilos. 

Hallelujah

Hallelujah, orquestra e coro
Hallelujah, a cinco voces


Take this Waltz