martes, 6 de decembro de 2016
sábado, 26 de novembro de 2016
Contos, cantos e música
Seguimos a cantar, contar e escoitar na aula de música.
Que desastre de frautista!
O frautista de Hamelin pasea moi contento pola vila tocando a súa frauta seguido de todos os habitantes, pero ten un problema: o frautista nunca estudou Educación Vial e descoñece os sinais de tráfico!. Menos mal que tanto novos coma vellos lle botan unha man...
Que desastre de frautista!
O frautista de Hamelin pasea moi contento pola vila tocando a súa frauta seguido de todos os habitantes, pero ten un problema: o frautista nunca estudou Educación Vial e descoñece os sinais de tráfico!. Menos mal que tanto novos coma vellos lle botan unha man...
O vello reloxo
Ramón atopa no faiado o reloxo do avó, vello destartalado e cheo de po. Intenta arranxalo pero a esfera non ten números. Ramón emprende unha aventureira viaxe na súa busca e coñecerá a nova e sorprendente vida dos números que marcaban as horas no reloxo de parede do seu avó.
Seguiremos a viaxe de Ramón escoitando o andante da sinfonía 101 de Josef Haydn "O reloxo". Maravillosa!
luns, 21 de novembro de 2016
25 de novembro
O día 25 de novembro é un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia que sofren as mulleres.
domingo, 20 de novembro de 2016
Brinca vai! e brincando imos de concerto
O primeiro trimestre vai ramatando e como punto final vainos visitar Paco Nogueira para facernos rir, cantar, bailar e brincar cos seus temas de Brinca vai!
Neste traballo o músico compostelán fai un percorrido polos doce meses do ano cun amplo abano de estilos e ritmos para achegarnos moitos dos temas que tratamos na escola ao longo do curso: a natureza, as estacións, os xogos, a lectura, as festas populares...
Aquí vos deixo algunhas das súas cancións para que comecedes a brincar xa:
Neste traballo o músico compostelán fai un percorrido polos doce meses do ano cun amplo abano de estilos e ritmos para achegarnos moitos dos temas que tratamos na escola ao longo do curso: a natureza, as estacións, os xogos, a lectura, as festas populares...
Aquí vos deixo algunhas das súas cancións para que comecedes a brincar xa:
O apalpador
No Samaín
Apertas que voan
Meu o mundo é
Nun libro
O Entroideiro
sábado, 12 de novembro de 2016
Leonard Cohen, o cantor das palabras.
Leonard Cohen, coa súa voz grave e profunda encheu de música e poesía a vida de moita xente durante máis de cincuenta anos.
A súa obra coma poeta e cantautor tivo moita influencia nas creacións doutros músicos;
os seus temas foron versionados por múltiples cantantes de diversos estilos.
Hallelujah
Hallelujah, orquestra e coro
Hallelujah, a cinco voces
Take this Waltz
domingo, 16 de outubro de 2016
Bob Dylan, un cantautor nobel de literatura
A pasada semana o Premio Nobel de Literatura foille outorgado ao cantautor e poeta estadounidense Bob Dylan.
O xurado destacou a figura de Dylan "por ter creado unha nova expresión poética dentro da gran tradición da canción norteamericana".
Traballaremos a música de Dylan na aula proximamente así que podemos ir "afinando" lendo e escoitando o seguinte enlace:
Cantamos un nobel
mércores, 21 de setembro de 2016
Comezamos outro curso
E haberá mellor xeito para comezar que botar uns bailes cos compañeiros e compañeiras mentres cantamos?
Pois... comezamos con FOGO NICOLÁS
Pois... comezamos con FOGO NICOLÁS
luns, 9 de maio de 2016
Cantamos con Manuel María
O 17 de maio de este ano, adicámosllo a Manuel María, o poeta da Terra Cha.
.
Os seus poemas foron e son fonte de inspiración para moitos dos nosos músicos.
Velaiqui unha pequena compilación dos poemas musicados de Manuel María
A CIDADE
A VACA
O ARCO DA VELLA
xoves, 21 de abril de 2016
Prince
Cantante,
compositor, arreglista e multiinstrumentista foi un artista moi prolífico dende
moi novo.
Naceu en 1958 , fillo dun pianista e unha cantante e deixounos hoxe
con 57 anos.
Dou o salto á
fama a finais dos anos 70 e chegou a gravar máis de 30 discos dos que vendeu máis
de 100 millóns de álbums ao longo da súa
carreira.
Foi un dos músicos máis imaxinativos da súa era. Na súa música
fusionou o rock e o funk acadando grandes éxitos entre o público e moitos premios entre os que destaca un Óscar á
mellor canción orixinal polo tema Purple Rain.
domingo, 17 de abril de 2016
O Quixote e a música
"En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor"
Sen dúbida “O
Quixote” é a obra de Cervantes máis universal. Traducida a moitísimas linguas é
unha novela que serviu e serve de inspiración a outros escritores, poetas, dramaturgos,
pintores, escultores, actores e, como non, a músicos e coreógrafos.
Dicía o Quixote "Donde música hubiere, cosa mala no existiere".
Dende o século XVII ata os nosos días O Quixote dou lugar a obras musicais de diferentes estilos e xéneros: ópera, zarzuela, música sinfónica, música de cámara, canción lírica, música de cine e teatro, ballet e ata música popular e comercial.
- Gran Pas de Deux do ballet Don Quixote coa música de Ludwig Minkus.
- Unha das canción máis coñecidas sobre o Quixote foi a banda sonora da serie televisiva emitida en 1979.
Pero son moitos os cantantes que se viron inspirados por este singular personaxe da literatura española. Se queres escoitar outras cancións entra no enlace:
O cabaleiro da triste figura tamén é un gran reclamo publicitario:
O curso pasado o tema principal na nosa biblioteca foi O CÖMIC.
Un dos mellores ilustradores e debuxantes do noso país, Forges, adicoulle ao Quixote moitas das súas viñetas. Queres velas?
venres, 11 de marzo de 2016
Luthiers de 5º
Un ano máis o alumnado de quinto expón o
seu traballo como luthier. Seguindo a temática proposta pola Biblioteca
do centro, as olimpíadas, os alumnos realizaron en primeiro lugar un traballo
de investigación sobre instrumentos de todo o mundo, para despois crear a súa
propia versión do instrumento escollido. A reciclaxe de materiais foi un punto
de partida para poder elaborar estes particulares instrumentos sen esquecer a
colaboración de moitas familias que axudaron aos seus fillos e fillas a
levar a bo fin este traballo. Dende a aula de música agradecemos a súa
axuda.
Os instrumentos están expostos no corredor da planta baixa do centro,
organizados en familias instrumentais. Todo o alumnado do Castelao fará un
percorrido pola exposición durante a clase de música para ver e escoitar as
achegas dos compañeiros de 5º nivel.
![]() |
AERÓFONOS |
![]() |
CORDÓFONOS |
![]() |
IDIÓFONOS |
![]() |
MEMBRANÓFONOS |

luns, 7 de marzo de 2016
Mulleres da música: Clara Rockmore e Minna Keal
O 9 de marzo celébrase o aniversario de Clara
Rocmore, nena prodixio da música. Unha enfermidade nos ósos a incapacitou como
violinista mais en lugar de esquecer a música adicouse ao estudo e
interpretación dun instrumento moi especial, o theremin, instrumento
electrónico que se toca sen tocalo e co que esta intérprete pasou a ser
coñecida como a percusora da música electrónica.
Léon Theremin, creador do instrumento coñeceu a
Clara cando ela tan so tiña 18 anos. O ideólogo do theremin doulle a
Clara Rockmore a oportunidade de interactuar co instrumento e ela comezou a
tocalo de xeito que parecía que non fixera outra cousa na súa corta vida. A
pesares de ser un dos instrumentos máis difíciles de tocar xa que non ten
referencias nas que afinalo, Clara Rockmore logrou dominalo á perfección e
abrir camiño para convertelo no pioneiro da música moderna.
No seguinte enlace podemos escoitar a interpretación de Clara Rockmore co theremin "O cisne" da obra "O entroido dos animais" do compositor Camille Saint-Säens
Tivemos a sorte de poder experimentar con este particular instrumento hai dous cursos na aula de música, cando o profe Óscar nos presentou o seu theremin e o puxo nas nosas mans.
Practica co theremin de google
Entre estas mulleres
está Minna Keal, unha muller inglesa que estudou música de nena
pero pasou a súa vida traballando coma secretaria. Cando se xubilou con máis de 70 anos lembrou o moito que gustaba de facer música
cando era nena e volveu a sentarse ao piano comezando unha brillante carreira
como compositora, carreira que desenvolveu ata que finou con 93 anos. «Sentía que chegaba ao fin da miña vida,
pero tamén me sentía como se estivese empezando, como se vivise a miña vida ao
revés»
Podedes escoitar neste enlace a Balada en Fa menor para viola e piano da compositora.
domingo, 17 de xaneiro de 2016
Apertas
Este curso imos celebrar o día da Paz con APERTAS


Cunha aperta podemos
reciir ou aportar cariño, afecto, amor,
protección, consolo, amizade, cordialidade, confianza, seguridade, gratitude e
moitas máis cousas, todas elas positivas.
Na aula de música espérannos moitas apertas musicais:
Comezamos co tema de Magin Blanco Rumba das apertas
Na Historia de un abrazo veremos unha fábula narrada sen palabras sobre a importancia das apertas dende a nosa infancia.
A forza dunha aperta é unha curta de animación sobre o poder das apertas fronte á violencia.
Déixovos unha versión co fondo musical Apertas que voan de Paco Nogueira
E para os máis pequenos a canción Abrazo de oso
QUE AS APERTAS VOS ACOMPAÑEN!!!
sábado, 16 de xaneiro de 2016
Instrumentos musicais do mundo
A proposta deste trimestre para os LUTHIERS de 5º é a construción de instrumentos musicais con materiais de refugallo pero baseándose en instrumentos tradicionais dos cinco continentes, seguindo o fío temático proposto para este curso: Os xogos olímpicos.
Na aula de música e na biblioteca da escola podedes consultar diferentes libros que vos poden axudar na investigación sobre este tema así como na elaboración do voso instrumento.
Tamén na INTERNET atoparades moita información sobre a construción de instrumentos reciclando materiais e moitas imaxes e información sobre instrumentos de todo o mundo.
Déixovos algúns enlaces interesantes:
Nesta páxina do Consello da Cultura Galega atopamos unha completísima e moi interesante recopilación dos instrumentos musicais da nosa terra organizados en familias instrumentais realizada por Pablo Carpintero Arias.
Na Wikipedia atopamos unha páxina na que aparecen os instrumentos organizados por países.
Tamén vos deixo algún vídeo no que ademais de ver podedes escoitar o son dos instrumentos.
INSTRUMENTOS DE ÁFRICA:
INSTRUMENTOS MUSICAIS DE OCEANÍA:
INSTRUMENTOS DE AMÉRICA:
INSRUMENTOS DE VENTO:
INSTUMENTOS DE PERCUSIÓN
INSTRUMENTOS DE CORDA
luns, 11 de xaneiro de 2016
David Bowie
Onte deixounos David Bowie, un gran músico.
Bowie non era un músico máis, era único porque non
se parecía a ningún outro músico.
Cantante, instrumentista, fascinado polo
cine, o arte, a moda, os libros, David
Bowie viviu dende moi novo en constante evolución e transformación. Foi
atrevido en todas as facetas da súa vida mais non seguindo as modas senón
creando a súa propia.
Aqueles que o o
coñeceron e traballaron ao seu carón destacan del a súa gran elegancia,
amabilidade e os modais exquisitos cos que trataba á prensa, aos fans e todo aquel que se lle
achegaba.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)