venres, 17 de marzo de 2017

De profesión...LUTHIER: Manel


Manel é un artesán do noso concello: Manel é un luthier. 

No seu taller de Santa Cruz de Montaos constrúe instrumentos da nosa música tradicional.
Na vindeira semana visitará a nosa escola para contarnos en que consiste o seu traballo e nos amosará algúns dos instrumentos feitos polas súas mans. 
Seguro que nos resulta moi interesante o que nos ten que contar e lles facilita o traballo aos compañeiros de 5º curso que se convertirán en luthiers o terceiro trimestre.


Para todo o alumnado de 5º e tamén  para todos os que queirades fabricar un instrumento musical, déixovos algunhas ideas. 
Lembrade que  tamén na biblioteca da aula de música temos libros con propostas interesantes para facer instrumentos musicais.














No enlace  INSTRUMENTOS MUSICAIS DO MUNDO que traballamos o curso pasado podedes escoitar diferentes instrumentos que vos poden axudar no voso traballo. 
Xa me tarda escoitar as vosas propostas!

luns, 6 de marzo de 2017

Artur e Clementina

Celebramos o 8 de marzo, día da muller, cunha vella amiga: Clementina, a tartaruga que se namorou, casou e descubriu que a súa nova vida non era todo o que ela imaxinaba.

Preme na imaxe se queres lembrar a historia e a cantiga que fixemos na aula.

xoves, 2 de marzo de 2017

Imos ao concerto con...ODAIKO


Co espectáculo INVENCIÓN, o grupo de percusionistas ODAIKO percorre distintos momentos históricos facendo un repaso ás grandes invencións da Humanidade. 
Como en todos os espectáculos de Odaiko, o humor, a interacción permanente co público e o virtuosismo musical son as ferramentas que farán espertar a curiosidade de todos os presentes.

Para ir preparándonos sobre o que imos ver e escoitar, ODAIKO cóntanos algunhas curiosidades: 

Sabías que...?
  •   … a batería xorde na música popular americana iniciada polos escravos africanos (bandas “dixiland”)?  
 Nun comezo a batería era tocada por varias persoas pero foise adaptando para reducir o número de instrumentistas, pasando dunha sección de catro ou tres persoas (cada persoa encargábase do bombo, da caixa, dos pratos e da percusión varia) a dous instrumentistas; ata o día de hoxe, no que un só instrumentista é quen de tocar todas as seccións da batería. 
  •  … os moldeados das baquetas fanse para conseguir máis rebote?
Deste xeito o son é mellor e os percusionistas poden ser moito máis áxiles.
  • os primeiros parches eran todos de pel natural de diferentes animais?
Había parches de cabra, de vaca, de serpes, etc., variando o tensado segundo o son que se quixera conseguir.
  • a maioría dos instrumentos que están dentro do noso vocábulo musical (maracas, cencerros, bombos…) nun primeiro momento foron unha simple casualidade?
Cunha combinación aleatoria de elementos percutidos por casualidade, hoxe en día son denominados “instrumentos pobres”, porque eran feitos con elementos do máis cotiá. Non obstante, demostra a gran capacidade artística e de auto-suficiencia do ser humano.




 Déixovos unhas actividades para que repasedes o que aprendemos na clase sobre os instrumentos de percusión:

Recoñecemos instrumentos de percusión


O nome dos instrumentos


Clasificamos instrumentos