mércores, 10 de decembro de 2014

Estamos no tempo...

Estamos chegando ao solsticio de inverno. O Sol está máis preto do horizonte que en ningunha  outra época do ano, ofrecéndonos a menor cantidade de luz. Máis, a partires do día seguinte ao solsticio, os días comezarán a medrar e serán cada vez máis longos.
Dende os tempos máis remotos as diferentes culturas e civilizacións  festexan esta data ao seu xeito, coa mirada posta na chegada da luz do verán.
Os cristianos celebran nesta data o Nadal. Rituais e celebracións do Nadal acompáñanse de cantigas: son as PANXOLIÑAS, CANTOS DE NADAL e CANTOS DE REIS que moitos coñecedes moi ben.
Propoño que as escoitedes, as  disfrutedes e ...as analicedes.
Aquí vos deixo unha mostra:
                                               
                                             CANTIGAS DE NADAL


http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html


Tamén podes escoitar  a selección que fixemos o curso pasado buscando no blogue a entrada de decembro do 2013.

                                                 ¡¡¡BOAS FESTAS A TODOS E TODAS!!!