domingo, 14 de febreiro de 2021

Un entroido diferente

 Este curso tivemos un entroido diferente na escola xa que non houbo desfiles de disfraces nin festa gastronómica con orellas, filloas  e periquitos, pero para que a festa non pare déixovos uns enlaces moi interesantes.

"Vive o entroido galego cos Bolechas"   Neste enlace aprenderás moitas cousas interesantes sobre o entroido en Galicia.


"Non pare a festa"  unha canción recén saída do forno de Os amigos dos Músicos

"Entroido" de Antonio Luz
"La vida es un carnaval" de Celia Cruz, un clásico destas datas para cantar e bailar.


Para rematar, vai á cociña, colle unhas culleres de pao,  os testos das potas ou uns caldeiros e  acompaña os ritmos da batucada.


Déixoche un par de xogos da "Caixa de xogos" para que compoñas pezas ao teu gusto e te prepares a bailar!