martes, 12 de maio de 2026

Día das Letras Galegas 2026

Esta semana sumámonos, dende a clase de música, á celebración do 17 de maio, Día das Letras Galegas, comezando cunha canción que nos chega dende o Seminario Galán:

  O canto de Circe e Morgana


E cantamos na nosa lingua as cancións  que tanto nos gustan.
Fogo Nicolás
Se Chove
Na veira do mar
Catro vellos mariñeiros
Pirimpimpin


A Maruxiña

A Carolina









domingo, 26 de abril de 2026

A música no Romanticismo

Dende principios  do século XlX, os compositores comezaron  a expresar paixón pola liberdade, a natureza, as lendas, o fantástico e aventureiro, os soños... a través da música.   Romperon coas regras e tradicións musicais dos seus devanceiros e lanzáronse a experimentar cousas novas creando unha música que daba máis importancia á expresión das emocións e sentimentos ca ás normas de composición. 

Nesta etapa creáronse grandes teatros aínda que tamén se escoitaba musica en salóns e cafés. Apareceron novas formas musicais como os lieder , cancións   para voz e piano, ou os nocturnos, pezas de estrutura libre para interpretar co piano. Sen dúbida o piano é o instrumento rei do romanticismo. Frederic Chopin, Robert Shuman, Félix Mendelssohn ou Johannes Brahms son grandes compositores románticos.

A ópera viviu o seu momento de maior esplendor con compositores como Giusepi Verdi en Italia ou Richard Wagner en Alemania. Un dos últimos compositores románticos foi Piotr Ilich Tchaikovski que puxo música a famosos ballets.

Frederic Chopin
Franz Liszt
Giuseppe  Verdi
Piotr Tchaikovski

Clara Schumann
O  piano







A música no Clasicismo

 O Clasicismo é un estilo musical que se desenvolveu en Europa na segunda metade do século XVlll e comezos do XlX.

A música do clasicismo caracterízase por ser clara e equilibrada. As súas  melodías son fáciles de seguir e as estruturas musicais son moi organizadas.

Nesta etapa apareceron novos instrumentos que favoreceron a creación de orquestras con maior número de músicos e unha nova forma musical, a sinfonía, composición musical escrita para orquestra que permite o lucimento de todos os instrumentos.

Os compositores máis importantes deste período foron Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart. Máis tarde, Ludwig van Beethoven e Franz Schubert axudaron a que a música pasara a un novo estilo chamado Romanticismo.

Joseph Haydn 
Wolfgang  Amadeus Mozart
Ludwig van Beethoven
Franz Schubert






sábado, 25 de abril de 2026

A música no Barroco

 O Barroco musical desenrólase  durante o século XVll e aprimeira metade do século XVlll. 

As iglesias e a nobleza empregaban a música para mostrar o seu poder. Os músicos eran parte do personal dos nobles, por iso, a música desta etapa é moi expresiva e teatral. Ten moita ornamentación e contrastes fortes. 

No Barroco, a música instrumental fíxose tan importante como a vocal. Crearonse formas como a sonata, o concerto e a suite.

Os xéneros vocais dividíanse en teatrais e relixiosos. A ópera foi a gran creación teatral e para a música relixiosa xurdiron o oratorio e a cantata.

Algúns compositores importantes do Barroco foron o italiano Antonio Vivaldi e os alemáns Johann Sebastian Bach e George Friedrich Händel.


Antonio Vivaldi
George Friedrich Häendel

Johan Sebastian Bach







venres, 24 de abril de 2026

A Música no Renacemento

Nos séculos XV e XVl  perfeccionouse a música vocal con distintas voces que soaban de xeito simultáneo (polifonía) e aparecerona as primeiras óperas da man de  Claudio Monteverdi. Os instrumentos adquiriron unha función específica na sociedade: o órgano soaba nas cerimonias relixiosas, os instrumentos de corda nas reunións familiares e os de vento metal nos actos públicos da nobleza.

A invención da imprenta moderna na man de J. Gutenberg hacia 1450 revolucionou a difusión do coñecemto e no ano 1501 imprimiuse o primeiro libro de partituras da historia. 

Nesta etapa aparece o oficio de luthier, artesáns constructores de instrumentos.

O gusto de nobles, príncipes e reis polos bailes fixo que se compuxeran novas danzas como a pavana e o minué.  

Déixovos vídeos sobre os instrumentos,  músicas e  danzas renacentistas.

El Grillo (Josquin des Prez)


Os instrumentos do Renacemento

  

Pavana






mércores, 22 de abril de 2026

A música na Idade Media

Coa caída do Imperio Romano no século V o feudalismo impúxose en Europa.   A vida desenvolveuse entón arredor dos mosteiros e dos castelos.  Nesta etapa desenrólase a Arte Románica e a finais da Idade Media aparece o estilo  Gótico.

A música medieval caracterízase polo predominio da música vocal relixiosa, especialmente Canto Gregoriano, e o desenrolo da polifonía (canto a varias voces).  

O Canto Gregoriano é un canto relixioso, ao unísono, en latín, con ritmo libre e a “capella”(sen acompañamento instrumental).  Chámase así por ser o Papa Gregorio I quen reuniu e unificou os cantos que se realizaban nas liturxias de toda Europa.

Guido dÁrezzo no século XI  puxo nome aos sons da nosa escala musical collendo a primeira sílaba de cada un dos versos do Himno a san Xoán Bautista.

Na corte de  do rey Alfonxo X o Sabio, no século XIII,  creáronse máis de catrocentas cancións adicadas á Virxe en lingua galega: as Cantigas de Santa María.

A música profana (non relixiosa) nesta etapa estivo interpretada por   trobeiros e xograres.

Os xograres eran artistas ambulantes que levaban a música polas vilas e cidades durante a Idade Media. Acompañaban as súas actuacións con mímicas e dramatizacións para divertir e entreter ao público.

Os trobeiros eran poetas e músicos pertencentes á nobreza. Eran moi cultos e compoñían a súa música e os seus versos cun fin didáctico e de entretemento. Cantaban temas sobre lendas de cabaleiros, textos sobre a vida na corte e sobre todo, cantábanlle ao amor.

Instrumentos medievais

No seguinte vídeo podemos escoitar unha das Cantigas de Santa María ao tempo que vemos como se danzaba na época e os instrumentos máis significativos.
                            
No século IX  Compostela converteuse nunha das rutas de peregrinación  máis importante da Idade media e o Camiño de Santiago foi un lugar de mestura de culturas, historia, tradición e música. O Mestre Mateo deixou no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago un reflexo da música medieval coa representación dos 24 músicos que se mencionan no Apocalipsis e os seus instrumentos musicais. 

Hildegarda de Bingen foi unha monxa benedictina alemana que destacou como escritora, filósofa e sobre todo como compositora musical. 
                            

martes, 21 de abril de 2026

A música na Idade Antiga

A Idade Antiga é o período da historia definido polo xurdimento das primeiras civilizacións que tiveron escritura: Exipto, Grecia, Roma, India, China; Persia…

En todas estas culturas a música tivo moita importancia na vida cotiá pero sobre todo nas cerimonias relixiosas e militares.

Na  Grecia  clásica a música estaba presente na escola, no traballo  e en todos os actos sociais.  O estudo da música abarcaba a poesía o teatro e a danza e tiña consideración de ciencia e arte.

Pitágoras estableceu as proporcións e a distancia entre as notas e estudou a relación da música coas matemáticas.

O Imperio Romano continuou cos estilos musicais gregos pero con  influencia dos países dominados. Na antiga Roma, a música era un entretemento. Estaba presente nos espectáculos e nos  acontecementos sociais.

Grazas as representacións artísticas (pinturas, esculturas...) coñecemos como eran os instrumentos e a música nesta etapa da historia.

                     Instrumentos musicais da Idade Antiga

 

luns, 20 de abril de 2026

A música na Prehistoria

A  música é unha constante na nosa vida. Dende que espertamos ata que remata a nosa xornada  diaria vivimos rodeados de sons, ritmos e músicas. Pero,  dende cando sucede isto?  Cales foron as primeiras melodías que escoitaron ou cantaron os humanos? Como xurdiron os primeiros ritmos ou as primeiras danzas? 

 Na Prehistoria non existía a escritura e ata a Idade Media non se comezou a escribir música polo que resulta moi difícil saber con certeza cales foron as orixes da música.

A Arqueoloxía e a Etnoloxía son as ciencias que se encargan do estudio desta parte do noso pasado: a Arqueoloxía estuda o pasado a partir das pinturas rupestres e dos restos materiais atopados nas escavacións e a Etnoloxía encárgase do estudo de sociedades que viven na actualidade pero aínda conservan costumes e formas de vida primitiva.  

O nacemento da música segue a ser un gran misterio pero  arqueólogos e etnólogos coinciden en diferentes teorías sobre a súa orixe:

   A música  tivo a súa orixe nos movementos corporais rítmicos que se facían nos traballos colectivos.

  A música xurdiu como unha necesidade de comunicación cando alguén se atopaba afastado.

  A música creouse coma unha imitación e espertar sonoro pola natureza: auga, vento, trono, cantos de paxaros,  verros de animais, ecos...

  A orixe da música  está ligado  á maxia e mantén un carácter espiritual e relixioso: os feiticeiros  cantaban, tocaban e bailaban nas cerimonias relixiosas e curativas.

Todas estas teorías coinciden en que os primeiros sons musicais proviñan do propio corpo: palmas, golpes, pisadas ou asubíos. Co tempo, os grupos humanos comezaron a empregar materiais do seu entorno natural para producir ritmos: paus, pedras, ósos, cunchas, peles, cornos…      



No seguinte enlace atoparás información sobre os instrumetos musicais empregados na prehistoria.







domingo, 18 de xaneiro de 2026

Máis música para a PAZ

 Seguimos cantando e tocando cancións que falen de Paz.

Capaz coa Paz

A peor xogada


La muralla, poema de Nicolás Guillén
Si tuviera un martillo (versión da canción If i had a hammer"
Ven comigo
Himno para la Paz






martes, 18 de novembro de 2025

Bosque musical no Castelao

Cada un dos alumnos e alumnas  de 5º nivel  fixo unha árbore xenealóxica  sobre a música do seu entorno familiar. Para realizar este traballo entrevistaron aos membros da familia preguntándolles que cantigas galegas lembraban  da súa infancia e xuventude ou que cantantes, instrumentistas, grupos ou bandas galegas escoitaban ou coñecían. Cos datos recollidos elaboraron a súa árbore xenealóxica musical acompañando os datos con debuxos ou fotografías, Na clase de música expuxeron o seu traballo contando as anécdotas máis relevantes da información recollida e ata algún deles arrancou a cantar as coplas  que lle dixeron os seus familiares.  Farei unha mención especial para aquel alumnado que non  é galego ou ten familiares de fóra de Galicia e nos achegou a música popular doutros lugares e culturas.

Árbore xenealoxica musical 2025


Bosques musicais de anos anteriores: 







luns, 22 de setembro de 2025

O outono vai chegando

Se hai un bo momento para gozar dos paseos polos parques, montes e bosques, ese é o outono.

As follas das árbores comezan a mudar a súa cor tinguindo a paisaxe de tonalidades douradas, vermellas e alaranxadas. 

                            

               O outono vai chegando, todo cambia de cor.

               Hai una alfombra pola rúa, verde, amarela e marrón…

Con este texto de M.Sanuy comezamos a clase de música para darlle a benvida á estación de outono.  Despois cantarémoslle ao varredor para que ademais das follas varra as bágoas, as penas e os supiros  enchendo as rúas de ledicias e ritmos.


                  


 Son moitos os compositores e artistas que se inspiraron no outono para crear as súas obras. Vivaldi, o gran compositor do Barroco italiano, foi un deles:




O outono (3º movemento)





.


domingo, 30 de marzo de 2025

Xa chegou a primavera

Chegou a primavera e dámoslle a benvida coa música de Vivaldi



Antonio Vivaldi naceu en Venecia (Italia) en 1678. Aprendeu a tocar o violín dende moi pequeno da man do seu pai. Con quince anos iniciou estudos para facerse cura mentres seguiu estudando música.  
Ordenouse sacerdote e, debido a unha enfermidade respiratoria que padecía, deixou de facer misa. Conseguiu traballo como profesor de música nun orfanato. Coa orquestra e o coro do Hospicio da Piedade fíxose famoso internacionalmente. 

Vivaldi tiña o cabelo de  cor vermella polo que lle puxeron  o alcume o cura vermello.
Escribiu máis de 800 obras e sentou as bases, como compositor, do modelo de concerto italiano en tres movementos, rápido-lento-rápido.

Escoitemos o 1º movemento da suite As catro estacións que nos describe a primavera.

A primavera


 A primavera

Aquí vos deixo outro vídeo co tema do 1º movemento da Primavera de Vivaldi en forma de musicograma: cando se repite un tema musical aparece o mesmo debuxo, máis grande ou máis pequeno segundo a intensidade.
 

Unha cancionciña  para que bailedes un pouco a ritmo de rock.

E podemos cantar a primavera con Mamá Cabra
Unha  fermosa cantiga sobre a primavera. Está en portugués pero seguro que entenderedes o texto do karaoke: Cançäo da primavera.


E outro vídeo que nos fala da primavera cunha fermosas imaxes:

 

E seguimos con outro Karaoke para os máis maiores: Canción de primavera de Joaquín Sabina.


Feliz primavera!

xoves, 6 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

O día 23 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a nosa escritora máis ilustre. 

Son moitos os músicos que se achegaron á obra de Rosalía transformando os seus poemas en cancións. Aquí deixo unha pequena mostra dalgúns deles que cantaremos e escoitaremos estes días na escola.

O moucho  (Migallas)


Has de cantar  (Uxía)
Xan (Uxía)


Adios ríos, adios fontes  (Amancio Prada)

Adios ríos, adios fontes, (Astarot)

Un repoludo gaiteiro (Amancio Prada)

Maio longo (Uxía)



Alborada (Carlos Núñez) 

Airiños, airiños aires   (Os Tamara)



Imos bebendo




martes, 19 de novembro de 2024

25 de novembro

 Dende o Equipo de Convivencia e Benestar proponse a escoita e traballo nas aulas das seguintes  cancións que falan da violencia de xénero e do empoderamento das mulleres.

Pedindo perdón - Tanxugueiras

A veciña do cuarto- Fillas de Casandra
Reina- Ruth Lorenzo e Tanxugueiras
Pano Corado- Tanxugueiras
Mulher Ferrenha- Felisa Segade,  Ivan Vilela e Pablo Castaño, Alba Cid







domingo, 6 de outubro de 2024

Imos ao concerto: BEETHOVEN, música dende o silencio

 Beethoven naceu en Bonn, Alemaña, o 16 de decembro de 1770, no seo dunha familia de músicos. O avó era mestre de capela  e seu pai músico na corte. 

 Beethoven foi un virtuoso pianista e un ousado compositor. Entre as súas moitas composicións, atopamos 32 sonatas para piano,  5 concertos para piano e orquestra , 9 sinfonías , unha ópera, un ballet e cuartetos de corda, entre outras.

Beethoven nunca casou pero as súas cartas demostran que sufriu moito por causa de varios amores non correspondidos.

Para saber máis sobre Beethoven podes visionar os seguintes vídeos: 





Hai varios biopic sobre a vida de Beethoven, Aquí vos deixo un enlace a unha escea da película COPIANDO A BEETHOVEN (Copying Beethoven) na que, ademáis de escoitar un fragmento da lX sinfonía, poderás ver como era unha sala de concertos no seu tempo.

Era un entusiasta dos ideais da revolución francesa, da liberdade, e por iso admiraba a Napoleón Bonaparte. Pero cando Napoleón se autoproclamou emperador, Beethoven sentiuse traizoado e decepcionado, e eliminou a dedicatoria da súa Sinfonía nº3, que fora pensada para Napoleón. 
 Cando tiña 26 anos apareceron os primeiros síntomas da súa xordeira. Un día, Beethoven espertou cun zumbido (tinnitus). En 1801, aos 31 anos, xa perdera o 60% da súa audición. Intentou ocultar a súa enfermidade e pouco a pouco foise illando da xente. 
 Nos seguintes vídeos poderás escoitar algunha das obras más coñecidas deste gran compositor.
Para Elisa
5º sinfonia. 1º movemento
Flashmob co último movemento da novena sinfonía 






domingo, 5 de maio de 2024

Agrupacións instrumentais: A BANDA

Moi pronto recibiremos na escola a visita da Banda de Ordes que  xunto co alumnado de 5º e 6º ofrecerán un concerto para, con textos de Manuel María, celebrar  o Día das Letras Galegas. 

Fai clic na imaxe para saber máis sobre A BANDA DE MÚSICA 





luns, 29 de abril de 2024

Os maios

A festa dos maios  rinde homenaxe á chegada da primavera, enchendo de cor moitas vilas e cidades galegas. 

No Castelao xa o temos todo preparado para realizar os nosos maios artísticos e dende a aula de música cantaremos de novo as coplas e cancións que acompañan esta fermosa tradición galega.

Fai clic na imaxe


venres, 26 de abril de 2024

Ah, vous dirai-je, maman

 Ah!, vous dirai-je maman é unha canción infantil popular en Francia. A melodía ten a súa orixe nun canto pastoral anónimo  de  mediados do século XVIII  que  pasou a formar parte do repertorio habitual de todos os intérpretes de clavicordio do   s.XVIII. 

Moitas composicións clásicas están inspiradas nesta melodía. Destacamos as "Doce variacións" de Wolfgang Amadeus Mozart e a introdución da melodía no tema "Fósiles" do Entroido dos animais de Camille Saint-Saëns.

Doce variación sobre Ah! vous dirai-je, maman de W.A.Mozart 


Fósiles (Entroido dos animais) de Camille Saint-Saëns


 O texto infantil, engadido posteriormente á melodía, fíxose moi popular, e hoxe en día serve para moitas cancións infantís de todo o mundo. Aquí vos deixo un enlace para que escoitedes algunhas delas. Fai clic na imaxe.
Aquí tes a partitura que interpretaremos coa frauta na aula.




 



sábado, 2 de marzo de 2024

Músicas

 Cada día son máis as mulleres músicas que enchen o panorama musical  abarcando todos os xéneros e estilos, reivindicando  dereitos e igualdade para as mulleres.

 Para celebrar o 8 de marzo escoitaremos e cantaremos algunhas das súas propostas. 

Ses e Diluvi   E TI SO TI



A banda da loba xunto con varias artistas galegas dannos a súa versión de  MORRA O CONTO


As fillas de Casandra  VARRE VASOIRA

Tanxugueiras e Rut Lorenzo  REINA

E para rematar déixovos este proxecto musical,formado por tres mulleres galegas, que nos achega unha visión nova da música de cámara a través de tres instrumentos: a frauta, o cello e o piano.

Samudra Trío   MUIÑEIRA de Rogelio Groba





 



venres, 1 de marzo de 2024

Os soños na gaiola

 Este año celebraremos o 17 de maio, día das nosas letras, cun concerto da man da Banda de música  de Ordes e a carón dos compañeiros e compañeiras dos outros centros do noso concello.

Interpretaremos sete poemas de Manuel María, recollidos no libro "Os soños na gaiola" e musicados polo cantautor Suso Vaamonde.

Deixo aquí os sete poemas interpretados por Suso Vaamonde para que cantedes e preparedes o concerto.

A FOUCE 

O MEU BARCO
A RODA RODA
O ARCO DA VELLA

O RIO
O LOBO
CARACOL