Dende o Equipo de Convivencia e Benestar proponse a escoita e traballo nas aulas das seguintes cancións que falan da violencia de xénero e do empoderamento das mulleres.
Pedindo perdón - Tanxugueiras
Dende o Equipo de Convivencia e Benestar proponse a escoita e traballo nas aulas das seguintes cancións que falan da violencia de xénero e do empoderamento das mulleres.
Pedindo perdón - Tanxugueiras
Beethoven naceu en Bonn, Alemaña, o 16 de decembro de 1770, no seo dunha familia de músicos. O avó era mestre de capela e seu pai músico na corte.
Beethoven foi un virtuoso pianista e un ousado compositor. Entre as súas moitas composicións, atopamos 32 sonatas para piano, 5 concertos para piano e orquestra , 9 sinfonías , unha ópera, un ballet e cuartetos de corda, entre outras.
Beethoven nunca casou pero as súas cartas demostran que sufriu
moito por causa de varios amores non correspondidos.
Para saber máis sobre Beethoven podes visionar os seguintes vídeos:
Moi pronto recibiremos na escola a visita da Banda de Ordes que xunto co alumnado de 5º e 6º ofrecerán un concerto para, con textos de Manuel María, celebrar o Día das Letras Galegas.
Fai clic na imaxe para saber máis sobre A BANDA DE MÚSICA
A festa dos maios rinde homenaxe á chegada da primavera, enchendo de cor moitas vilas e cidades galegas.
No Castelao xa o temos todo preparado para realizar os nosos maios artísticos e dende a aula de música cantaremos de novo as coplas e cancións que acompañan esta fermosa tradición galega.
Ah!, vous dirai-je maman é unha canción infantil popular en Francia. A melodía ten a súa orixe nun canto pastoral anónimo de mediados do século XVIII que pasou a formar parte do repertorio habitual de todos os intérpretes de clavicordio do s.XVIII.
Moitas composicións clásicas están inspiradas nesta melodía. Destacamos as "Doce variacións" de Wolfgang Amadeus Mozart e a introdución da melodía no tema "Fósiles" do Entroido dos animais de Camille Saint-Saëns.
Doce variación sobre Ah! vous dirai-je, maman de W.A.Mozart
Cada día son máis as mulleres músicas que enchen o panorama musical abarcando todos os xéneros e estilos, reivindicando dereitos e igualdade para as mulleres.
Para celebrar o 8 de marzo escoitaremos e cantaremos algunhas das súas propostas.
Ses e Diluvi E TI SO TI
A banda da loba xunto con varias artistas galegas dannos a súa versión de MORRA O CONTO
Este año celebraremos o 17 de maio, día das nosas letras, cun concerto da man da Banda de música de Ordes e a carón dos compañeiros e compañeiras dos outros centros do noso concello.
Interpretaremos sete poemas de Manuel María, recollidos no libro "Os soños na gaiola" e musicados polo cantautor Suso Vaamonde.
Deixo aquí os sete poemas interpretados por Suso Vaamonde para que cantedes e preparedes o concerto.
A FOUCE
Celebramos o Día da Paz cantando. Podedes lembrar músicas e cancións de cursos pasados nos enlaces que hay na dereita da páxina do blog.
Comezamos cunha canción de Los secretos con texto en galego realizado polos rapaces de 5º de primaria de Marín adaptando a letra á actualidade.
Ficar durmido
Vivan las manos de colores Un canción con moito ritmo para bailar.
" Que triste está Pulcinella! Perdeu a súa máscara e non a atopa... Sen ela non poderá acudir ao baile. Pasou un martes de Entroido de 1527, no día Grande de Nápoles. Xunto coa súa amiga Colombiba correrán mil aventuras ata atopar a máscara coa que poder disfrazarse para ir á festa."
O alumnado de 5º de primaria asistirá o próximo venres, 1 de decembro, a un concerto. A Real Filharmonía de Galicia interpretará a suite Pulcinella de Igor Stravinsky acompañada da bailarina Marta Placer.
O compositor: Igor Stravinsky
Naceu en San Petesburgo ( Rusia) en 1882. O
seu pai, cantante de ópera, pertencía a unha familia importante da cidade.
Aínda que de neno aprendeu a ler partituras e tocar o piano, o seu pai nunca
apoiou o seu interese pola música.
En 1902, despois da morte do seu
pai, coñeceu a Rimski-Korsakov,
(un dos compositores rusos máis importante do momento) quen se converteu no seu
profesor de música e con quen aprendeu a compoñer.
Stravinsky compuxo, durante 60 anos, obras que abranguen gran
cantidade de estilos e formas: compuxo óperas, sinfonías, pezas para piano e
ata obras para grupos de jazz.
Adquiriu fama internacional con tres ballets: O paxaro de lume (1910), Petrushka (1911/1947) e A consagración da primavera (1913).
Pulcinella
Pulcinella ou Polichinela é un
personaxe da Commmedia dell’Arte italiana utilizada no teatro de titeres dende
o século XVll . Representa a un criado astuto cunha gran habilidade para resolver todos os
problemas que se lle presentan.
En 1922 Stravinsky suprimiu as partes cantadas do ballet dando lugar á
suite que imos escoitar no concerto.
O termo ballet tamén se usa
para designar unha peza musical composta, a propósito, para ser interpretada a
través da danza . O ballet é unha das artes escénicas.
Se queres saber máis sobre o ballet fai clic na imaxe
Que instrumentos recoñeces nos dous primeiros videos? A que familia pertencen? Soan todos ao mesmo tempo?
Aínda que non o pareza estamos no outono. O tempo parece dicirnos que o verán non quere marchar, a pesar que levamos un par de semanas nesta estación, máis na clase de música recibímolo cantando “Xa chegou o outono, xa chove, xa vai frío...”.
Como en cursos anteriores, neste mes cantámoslle ao outono con coplas que falan das castañas, do magosto, das vendimas pero tamén cantamos cancións que nos falan do día de Samaín e das cousas que nos dan medo.
Podes escoitar algunhas destas cancións clicando nos enlaces que tes na dereita da páxina do blog.
Xa me tarda ver e escoitar o bosque musical da escola das familias do Castelao!
Esta mañá, na aula de música, o alumnado de primeiro e segundo nivel, recibiron a visita de dous músicos do Castelao, Nico e Lorenzo.
Nico Pereiro amosoulles un saxofón, explicou as partes que ten o seu instrumento e interpretou unha pequena peza para que todos escoitaran como soa.
Hoxe lembramos e homenaxeamos á raíña do rock and roll, Tina Tarner . A súa voz, a súa forma de moverse nos escenarios e a enerxía e vitalidade que transmitiu en cada unha das súas aparicións cautivaron a todos os amantes do rock e do mundo da música e serviu de inspiración para moitos artistas.
Grazas Tina polo teu legado.
“A Festa dos maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Significa o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do horizonte e coller altura e forza “(Vicente Risco)
As civilización grega, fenicia, celta e
romana festexaron “os maios” con diferentes rituais que foron asimilados na
Idade Media polas civilizacións cristiás.
O
ciclo dos maios comeza na segunda metade do mes de abril e remata na
primeira quincena de xuño, coa celebración relixiosa do Corpus.
Dende épocas remotas, os galegos celebraban coa festa dos maios a chegada da primavera e o remate do cru
inverno para propiciar deste xeito a
obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos maios son a
última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Nalgunhas vilas mozos e mozas vístense con ramallos, follas e flores e cantan
cantigas satíricas polas rúas das vilas. Noutras zonas colócanse ramas de xestas e fiuncho nas portas e fiestras das casas e tamén nos
coches e fanse coroas e colares de flores.
Os maios máis coñecidos son os figurativos, entre os que dominan os de
forma cónica ou piramidal, feitos con armazóns de varas ou canas, recubertos
con plantas e decorados con laranxas bravas, flores e ovos.
Cando os paxariños deixan ver seus amores
e traen nos piquiños as primeiras flores...
Levántate maio que tanto durmiches,
xa pasou o inverno e ti non o viches!
Comezamos o derradeiro trimestre deste curso e na aula de música preparámonos para celebrar Os Maios, pero antes, con motivo da celebración do día internacional contra o acoso escolar, cantaremos xuntos esta fermosa e reivindicativa canción sobre o bullying que nos ofrece o grupo "A música das baleas" do Ceip de Caión"
A peor xogada
Chegou a primavera e recibímola cun poema de Manuel María e coa música de Vivaldi
Antonio Vivaldi naceu en Venecia (Italia) en 1678.
Aprendeu a tocar o violín dende moi pequeno da man do seu pai. Con quince anos
iniciou estudos para facerse cura mentres seguiu estudando música.
Ordenouse sacerdote e, debido a unha enfermidade
respiratoria que padecía, deixou de facer misa. Conseguiu traballo como
profesor de música nun orfanato. Coa orquestra e o coro do Hospicio da Piedade
fíxose famoso internacionalmente.
Vivaldi tiña o cabelo de cor
vermella polo que lle puxeron o alcume o
cura vermello.
Escribiu máis de 800 obras e sentou as bases, como
compositor, do modelo de concerto italiano en tres movementos,
rápido-lento-rápido.
A vindeira semana o alumnado de 3º, 4º e 5º nivel asistirá a un concerto didáctico no auditorio de Santiago de Compostela para achegarse á música de Mozart da man da Real Pilharmonía de Galicia.
O alumnado de sexto asistirá a un concerto didáctico de música tradicional da man de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez.
Neste concerto didáctico empréganse 43 instrumentos musicais galegos diferentes usando un fío condutor que consiste en explorar o paralelismo entre a evolución da nosa especie e o desenvolvemento físico e musical dun neno e unha nena galegos. Os músicos vannos explicar como se desenvolvían as vidas musicais de nenos e de nenas dentro da nosa cultura tradicional e como cada proceso ten unha base relacionada coa nosa evolución como especie e coa nosa bioloxía e psicoloxía.
Pablo Carpintero, músico, artesán e investigador galego é o autor da investigación publicada polo Consello da Cultura Galega sobre os Instrumentos musicais na tradición galega que podes consultar clicando na imaxe:
Con motivo da celebración do Día da Paz e a Non violencia escoitamos o Himno da alegría neste FlashMob da Orquestra Sinfónica del Vallés.
Déixovos tamén a versión de Miguel Ríos para que cantedes.
"Chegou o outono, tempo de castañas..." así comeza a canción que cantamos esta semana.
Tempo de castañas, noces, cogumelos, figos, uvas: tempo de magosto.
Pero tamén estamos no tempo no que falamos dos medos. Bruxas, cabazas, esqueletos, arañas, morcegos... adornan escaparates, rúas e lugares públicos estes días.
Nós celebramos o tempo do Magosto e Samaín con moita música!