Esta mañá, na aula de música, o alumnado de primeiro e segundo nivel, recibiron a visita de dous músicos do Castelao, Nico e Lorenzo.
Nico Pereiro amosoulles un saxofón, explicou as partes que ten o seu instrumento e interpretou unha pequena peza para que todos escoitaran como soa.
Despois tocoulle o turno a Lorenzo Montaldo que nos trouxo un bombardino e nos contou como é o instrumento e como se toca. Tamén interpretou unha pequena peza que nos gustou moito a todos.
Moitas grazas, Nico e Lorenzo. Esperamos escoitarvos moitas máis veces.
A continuación o alumnado de 2ºC recitou un conto, "O cuco sen niño", coa axuda dalgúns compañeiros e compañeiras de quinto que puxeron son en directo á historia.