Na entrada desta semana faremos un repaso do traballo realizado neste trimestre.
Na publicación do 30 de marzo os máis pequenos leron a historia do Pequeno violín e colorearon aos seus protagonistas
Debuxo de Lara Mosquera de 1ºA |
Aquí vos deixo unha mostra das súas obras.
Comezamos o mes de abril facendo ritmos e traballamos en diferentes propostas para para celebrar o 23 de abril, día do libro. Unha delas consistiu en crear un minilibro a partires de cancións ou poemas.
Estes son algúns dos minilibros que me enviastes. Espero que pronto formen parte da biblioteca da nosa aula.
Tamén en abril repasamos as notas e figuras musicais con diferentes xogos e cancións.
María Suárez de 2ºC estaba cantando o "do re mi de Oskorri" cando un paxariño pousou no seu ordenador para cantar con ela. 😀
Rematamos abril celebrando o día internacional da danza, e que mellor maneira de facelo que bailando.
- Lucía e Noa Calviño de 4ºB e 1ºC prepararon unha estupenda coreografía de danza moderna. Xenial!
Abel e Antía Calvo de 3ºA e 6ºB practicaron os puntos da muiñeira e cada un deles fixo a súa propia versión. Parabéns!
Irene Darriba de 2ºB celebrou o Día internacional da danza creando una breve coreografía dun tema que compuxo ela mesma, tanto a música coma a letra. Bravo Irene!
E se nos vestimos para bailar?
No mes de maio traballamos a música e a danza galega e , entre outras actividades, aprendemos o nome das partes do traxe tradicional. O mozo e a moza quedaron ben guapos cando lles puxestes os traxes!
Érika Mallo de 4ºC realizou moi ben as tarefas de música e contou cunha marabillosa colaboradora: a súa avoa!
E neste tempo descubrín algún que outro artista musical que aínda non tiña escoitado nunca.
Lorenzo Montalbo de 2ºA é un gran intérprete de bombardino! Espero que o poidamos escoitar todos na escola o vindeiro curso.
Anxo Pérez de 5ºC enviou algúns vídeos onde se mostra coma un pianista moi versátil: séntase ao piano e o mesmo interpreta aos Beatlles que toca unha muiñeira. Parabéns Anxo!
E rematamos este repaso do trimestre cun vídeo onde se mostran algunhas das árbores xenealóxicas feitas polo alumnado de 5º e 6º sobre o tema das emocións.
Xa sabedes o que di o refrán "quen baila e canta, os males espanta" así que non deixedes de cantar, bailar e disfrutar coa música durante as vacacións.
Bo verán!😍