Chegou a primavera e recibímola cun poema de Manuel María e coa música de Vivaldi
Antonio Vivaldi naceu en Venecia (Italia) en 1678.
Aprendeu a tocar o violín dende moi pequeno da man do seu pai. Con quince anos
iniciou estudos para facerse cura mentres seguiu estudando música.
Ordenouse sacerdote e, debido a unha enfermidade
respiratoria que padecía, deixou de facer misa. Conseguiu traballo como
profesor de música nun orfanato. Coa orquestra e o coro do Hospicio da Piedade
fíxose famoso internacionalmente.
Vivaldi tiña o cabelo de cor
vermella polo que lle puxeron o alcume o
cura vermello.
Escribiu máis de 800 obras e sentou as bases, como
compositor, do modelo de concerto italiano en tres movementos,
rápido-lento-rápido.
Escoitemos o 1º movemento da suite As catro estacións que
nos describe a primavera .
Aquí
vos deixo outro vídeo co tema do 1º movemento da Primavera de Vivaldi en forma
de musicograma: cando se repite un tema musical aparece o mesmo debuxo, máis
grande ou máis pequeno segundo a intensidade.
E agora unha versión a ritmo de rock
Unha fermosa cantiga sobre a primavera. Está en
portugués pero seguro que entenderedes o texto do karaoke: Cançäo da primavera