“A Festa dos maios é a festa da primavera, ben sexa da
súa chegada, ben do seu trunfo. Significa
o reverdecer das plantas, o comezo do
ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do
horizonte e coller
altura e forza “(Vicente Risco)
A festa
dos Maios é unha festa popular de orixes ancestrais, incluso dátase o
seu nacemento na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa
forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío, facía brotar
a semente e revestía os campos de variadas cores.
As civilización grega, fenicia, celta e
romana festexaron “os maios” con diferentes rituais que foron asimilados na
Idade Media polas civilizacións cristiás.
O ciclo
dos maios comeza na segunda metade do mes de abril e remata na
primeira quincena de xuño, coa celebración relixiosa do Corpus.
Dende épocas remotas, os galegos celebraban coa festa dos maios a chegada da primavera e o remate do cru inverno
para propiciar deste xeito a obtención
de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación
folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Nalgunhas vilas mozos e mozas vístense con ramallos, follas e flores e cantan
cantigas satíricas polas rúas das vilas. Noutras zonas colócanse ramas de xestas e fiuncho nas portas e fiestras das casas e tamén nos
coches e fanse coroas e colares de flores. Os maios máis coñecidos son os figurativos, entre
os que dominan os de forma cónica ou piramidal, feitos con armazóns de varas ou
canas, recubertos con plantas e decorados con laranxas bravas, flores e ovos.
ESTRELA DE MAIO (Na lúa)
AÍ VÉN O MAIO
( Poema de Curros Enriquez musicado por Luís Emilio Batallán)
MAIO LONGO
(poema de Rosalía de Castro na versión musical de Carlos Núñez)
A Festa dos Maios no CEIP Campolongo de Pontevedra
(poema de Rosalía de Castro na versión musical de Carlos Núñez)
A Festa dos Maios no CEIP Campolongo de Pontevedra