martes, 12 de maio de 2026

Día das Letras Galegas 2026

Esta semana sumámonos, dende a clase de música, á celebración do 17 de maio, Día das Letras Galegas, comezando cunha canción que nos chega dende o Seminario Galán:

  O canto de Circe e Morgana


E cantamos na nosa lingua as cancións  que tanto nos gustan.
Fogo Nicolás
Se Chove
Na veira do mar
Catro vellos mariñeiros
Pirimpimpin


A Maruxiña

A Carolina









domingo, 26 de abril de 2026

A música no Romanticismo

Dende principios  do século XlX, os compositores comezaron  a expresar paixón pola liberdade, a natureza, as lendas, o fantástico e aventureiro, os soños... a través da música.   Romperon coas regras e tradicións musicais dos seus devanceiros e lanzáronse a experimentar cousas novas creando unha música que daba máis importancia á expresión das emocións e sentimentos ca ás normas de composición. 

Nesta etapa creáronse grandes teatros aínda que tamén se escoitaba musica en salóns e cafés. Apareceron novas formas musicais como os lieder , cancións   para voz e piano, ou os nocturnos, pezas de estrutura libre para interpretar co piano. Sen dúbida o piano é o instrumento rei do romanticismo. Frederic Chopin, Robert Shuman, Félix Mendelssohn ou Johannes Brahms son grandes compositores románticos.

A ópera viviu o seu momento de maior esplendor con compositores como Giusepi Verdi en Italia ou Richard Wagner en Alemania. Un dos últimos compositores románticos foi Piotr Ilich Tchaikovski que puxo música a famosos ballets.

Frederic Chopin
Franz Liszt
Giuseppe  Verdi
Piotr Tchaikovski

Clara Schumann
O  piano







A música no Clasicismo

 O Clasicismo é un estilo musical que se desenvolveu en Europa na segunda metade do século XVlll e comezos do XlX.

A música do clasicismo caracterízase por ser clara e equilibrada. As súas  melodías son fáciles de seguir e as estruturas musicais son moi organizadas.

Nesta etapa apareceron novos instrumentos que favoreceron a creación de orquestras con maior número de músicos e unha nova forma musical, a sinfonía, composición musical escrita para orquestra que permite o lucimento de todos os instrumentos.

Os compositores máis importantes deste período foron Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart. Máis tarde, Ludwig van Beethoven e Franz Schubert axudaron a que a música pasara a un novo estilo chamado Romanticismo.

Joseph Haydn 
Wolfgang  Amadeus Mozart
Ludwig van Beethoven
Franz Schubert






sábado, 25 de abril de 2026

A música no Barroco

 O Barroco musical desenrólase  durante o século XVll e aprimeira metade do século XVlll. 

As iglesias e a nobleza empregaban a música para mostrar o seu poder. Os músicos eran parte do personal dos nobles, por iso, a música desta etapa é moi expresiva e teatral. Ten moita ornamentación e contrastes fortes. 

No Barroco, a música instrumental fíxose tan importante como a vocal. Crearonse formas como a sonata, o concerto e a suite.

Os xéneros vocais dividíanse en teatrais e relixiosos. A ópera foi a gran creación teatral e para a música relixiosa xurdiron o oratorio e a cantata.

Algúns compositores importantes do Barroco foron o italiano Antonio Vivaldi e os alemáns Johann Sebastian Bach e George Friedrich Händel.


Antonio Vivaldi
George Friedrich Häendel

Johan Sebastian Bach







venres, 24 de abril de 2026

A Música no Renacemento

Nos séculos XV e XVl  perfeccionouse a música vocal con distintas voces que soaban de xeito simultáneo (polifonía) e aparecerona as primeiras óperas da man de  Claudio Monteverdi. Os instrumentos adquiriron unha función específica na sociedade: o órgano soaba nas cerimonias relixiosas, os instrumentos de corda nas reunións familiares e os de vento metal nos actos públicos da nobleza.

A invención da imprenta moderna na man de J. Gutenberg hacia 1450 revolucionou a difusión do coñecemto e no ano 1501 imprimiuse o primeiro libro de partituras da historia. 

Nesta etapa aparece o oficio de luthier, artesáns constructores de instrumentos.

O gusto de nobles, príncipes e reis polos bailes fixo que se compuxeran novas danzas como a pavana e o minué.  

Déixovos vídeos sobre os instrumentos,  músicas e  danzas renacentistas.

El Grillo (Josquin des Prez)


Os instrumentos do Renacemento

  

Pavana






mércores, 22 de abril de 2026

A música na Idade Media

Coa caída do Imperio Romano no século V o feudalismo impúxose en Europa.   A vida desenvolveuse entón arredor dos mosteiros e dos castelos.  Nesta etapa desenrólase a Arte Románica e a finais da Idade Media aparece o estilo  Gótico.

A música medieval caracterízase polo predominio da música vocal relixiosa, especialmente Canto Gregoriano, e o desenrolo da polifonía (canto a varias voces).  

O Canto Gregoriano é un canto relixioso, ao unísono, en latín, con ritmo libre e a “capella”(sen acompañamento instrumental).  Chámase así por ser o Papa Gregorio I quen reuniu e unificou os cantos que se realizaban nas liturxias de toda Europa.

Guido dÁrezzo no século XI  puxo nome aos sons da nosa escala musical collendo a primeira sílaba de cada un dos versos do Himno a san Xoán Bautista.

Na corte de  do rey Alfonxo X o Sabio, no século XIII,  creáronse máis de catrocentas cancións adicadas á Virxe en lingua galega: as Cantigas de Santa María.

A música profana (non relixiosa) nesta etapa estivo interpretada por   trobeiros e xograres.

Os xograres eran artistas ambulantes que levaban a música polas vilas e cidades durante a Idade Media. Acompañaban as súas actuacións con mímicas e dramatizacións para divertir e entreter ao público.

Os trobeiros eran poetas e músicos pertencentes á nobreza. Eran moi cultos e compoñían a súa música e os seus versos cun fin didáctico e de entretemento. Cantaban temas sobre lendas de cabaleiros, textos sobre a vida na corte e sobre todo, cantábanlle ao amor.

Instrumentos medievais

No seguinte vídeo podemos escoitar unha das Cantigas de Santa María ao tempo que vemos como se danzaba na época e os instrumentos máis significativos.
                            
No século IX  Compostela converteuse nunha das rutas de peregrinación  máis importante da Idade media e o Camiño de Santiago foi un lugar de mestura de culturas, historia, tradición e música. O Mestre Mateo deixou no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago un reflexo da música medieval coa representación dos 24 músicos que se mencionan no Apocalipsis e os seus instrumentos musicais. 

Hildegarda de Bingen foi unha monxa benedictina alemana que destacou como escritora, filósofa e sobre todo como compositora musical. 
                            

martes, 21 de abril de 2026

A música na Idade Antiga

A Idade Antiga é o período da historia definido polo xurdimento das primeiras civilizacións que tiveron escritura: Exipto, Grecia, Roma, India, China; Persia…

En todas estas culturas a música tivo moita importancia na vida cotiá pero sobre todo nas cerimonias relixiosas e militares.

Na  Grecia  clásica a música estaba presente na escola, no traballo  e en todos os actos sociais.  O estudo da música abarcaba a poesía o teatro e a danza e tiña consideración de ciencia e arte.

Pitágoras estableceu as proporcións e a distancia entre as notas e estudou a relación da música coas matemáticas.

O Imperio Romano continuou cos estilos musicais gregos pero con  influencia dos países dominados. Na antiga Roma, a música era un entretemento. Estaba presente nos espectáculos e nos  acontecementos sociais.

Grazas as representacións artísticas (pinturas, esculturas...) coñecemos como eran os instrumentos e a música nesta etapa da historia.

                     Instrumentos musicais da Idade Antiga

 

luns, 20 de abril de 2026

A música na Prehistoria

A  música é unha constante na nosa vida. Dende que espertamos ata que remata a nosa xornada  diaria vivimos rodeados de sons, ritmos e músicas. Pero,  dende cando sucede isto?  Cales foron as primeiras melodías que escoitaron ou cantaron os humanos? Como xurdiron os primeiros ritmos ou as primeiras danzas? 

 Na Prehistoria non existía a escritura e ata a Idade Media non se comezou a escribir música polo que resulta moi difícil saber con certeza cales foron as orixes da música.

A Arqueoloxía e a Etnoloxía son as ciencias que se encargan do estudio desta parte do noso pasado: a Arqueoloxía estuda o pasado a partir das pinturas rupestres e dos restos materiais atopados nas escavacións e a Etnoloxía encárgase do estudo de sociedades que viven na actualidade pero aínda conservan costumes e formas de vida primitiva.  

O nacemento da música segue a ser un gran misterio pero  arqueólogos e etnólogos coinciden en diferentes teorías sobre a súa orixe:

   A música  tivo a súa orixe nos movementos corporais rítmicos que se facían nos traballos colectivos.

  A música xurdiu como unha necesidade de comunicación cando alguén se atopaba afastado.

  A música creouse coma unha imitación e espertar sonoro pola natureza: auga, vento, trono, cantos de paxaros,  verros de animais, ecos...

  A orixe da música  está ligado  á maxia e mantén un carácter espiritual e relixioso: os feiticeiros  cantaban, tocaban e bailaban nas cerimonias relixiosas e curativas.

Todas estas teorías coinciden en que os primeiros sons musicais proviñan do propio corpo: palmas, golpes, pisadas ou asubíos. Co tempo, os grupos humanos comezaron a empregar materiais do seu entorno natural para producir ritmos: paus, pedras, ósos, cunchas, peles, cornos…      



No seguinte enlace atoparás información sobre os instrumetos musicais empregados na prehistoria.







domingo, 18 de xaneiro de 2026

Máis música para a PAZ

 Seguimos cantando e tocando cancións que falen de Paz.

Capaz coa Paz

A peor xogada


La muralla, poema de Nicolás Guillén
Si tuviera un martillo (versión da canción If i had a hammer"
Ven comigo
Himno para la Paz