Primeiro observa as imaxes e lembra o nome e valor das figuras:
Podes escoitar, ver e imitar o que che explica o seguinte vídeo facenco clic na imaxe:
Observa agora a imaxe do pentagrama e a colocación das notas
e canta a escala musical co seguinte vídeo. Os máis maiores podedes facelo coa frauta.
Unha das cancións máis coñecidas sobre a escala musical ensinóunola a película "Sorrisas e bágoas". Déixovos unha versión da representación teatral en castelán deste musical.
E se queredes escoitar unha breve versión da canción en inglés, déixovos este fragmento da película orixinal e a voz de Julie Andrews.
E para rematar co repaso da escala musical imos escoitar a divertida canción "Do re mi" do grupo Oskorri. Podémola acompañar con algún dos ritmos que aprendemos en entradas anteriores. Se es un alumno de 6º lembra que xa estudamos a partitura desta canción coa frauta.
A continuación déixoche uns pasatempos musicais para que sigas repasando as notas e as figuras. Non é necesario que as descargues. Tes as solucións ao final desta páxina, pero non fagas trampa.
1. No primeiro cadro presentamos un código
no que a cada número lle corresponden tres letras. Elixe a letra adecuada en cada caso e descubrirás o nome
dunha figura musical. Fai o debuxo da figura nomeada.
¿Quién le enseñó a cocinar? |
2. Xeroglíficos (están en castelán)
De esta entrada non me tes que enviar ningunha actividade ao correo pero se tes dúbidas ou queres comentarme algo escríbeme e contestareiche o máis rápido que poida. adelacastelao20@gmail.com