Se esta semana estivésemos no Castelao estaríamos cantando ou dramatizando algún conto, engadindo sons a algunha historia ou escoitando algún libro versionado en escenarios musicais.
O día 23 de abril é o día do libro. Esta data foi elixida pola UNESCO, para render homenaxe aos libros e aos seus autores, por coincidir coa data do pasamento de dous dos máis grandes escritores da literatura universal: Willian Shakespeare, escritor en lingua inglesa e Miguel de Cervantes escritor en lingua castelá e autor de "O Quixote".
Para esta data especial neste tempo de confinamento déixovos estas propostas:
- Consulta a entrada O Quixote e a música onde poderás ver e escoitar algunhas cancións e obras inspiradas no personaxe creado por Cervantes.
- O 23 de abril de 1891 naceu Sergei Prokofiev, compositor ruso que compuxo Pedro e o lobo, un conto musical baseado nunha historia da literatura popular rusa, para ensinarlle aos nenos e nenas o timbre dos instrumentos da orquestra. Apetéceche velo e escoitalo?
Aquí che deixo o enlace á película de animación de Disney
E se queres escoitar de novo a música de Prokofiev esta é outra versión da
historia.
Se fas clic na seguinte imaxe entrarás na páxina creada por Noelia Martín na que podes aprender máis sobre o conto Pedro e o lobo. (Os dous enlaces aos vídeos e ás actividades non funcionan)
No blog andariega musical, atopei outra páxina interesante para seguir coa historia de Pedro e o lobo. Na parte inferior da páxina tedes enlaces interesantes das diferentes versións audiovisuais do conto e moita información sobre os instrumentos que aparecen nel. Tamén tedes fichas para colorear ou facer títeres cos personaxes.
- A seguinte proposta consiste en que constrúas un mini libro. Segue as instruccións:
Colle un folio ou unha folla de libreta.
Pensa nunha canción breve que che guste: pode ser unha canción infantil, tradicional, moderna...
Escribe o texto da canción repartido en 8 parágrafos (son as follas que vai ter o teu mini libro).
Abre a túa folla e numera as páxinas seguindo a orde indicada na seguinte imaxe:
Eu fixen un mini libro coas dúas primeiras estrofas da canción Fun ao mercado.
Se queres escoitar a cantiga e traballar o seu ritmo fai clic na entrada da Arca da Marga
- Dicía don Quixote "Donde música hubiere, cosa mala no existiere" e seguindo este consello a derradeira das propostas que che fago e que collas un bo libro e disfrutes coa súa lectura, e se pos música de fondo... aínda mellor!