O día 29 de abril celebrouse o día internacional da danza.
Que vos parece se os próximos días bailamos?
Imos comezar por algo moi noso: Unha muiñeira da man de Uxía lambona e a banda molona.
Se non es quen de coller os puntos proba a seguir esta interesante clase que nos da Pesdelán no salón:
Neste titorial do profe Luis Prego tamén temos unha muiñeira ben sinxela que nos ensina dende a súa casa.
E para os máis aventaxados e teimudos imos bailar "Global muiñeira" unha campaña publicitaria dunha cadea comercial que fixo que no mundo enteiro se bailara a muiñeira hai tres anos.
Estes son os pasos:
No enlace anterior podedes atopar moitas mostras e flashmob de como se bailou esta muiñeira. Déixovos algunha máis:
Muiñeira global no conservatorio Flashmob na Coruña
E se nos vestimos para bailar?
Aquí tes os debuxos da rapaza e o rapaz co traxe tradicional para que ti os vistas para bailar.
Podes facer o debuxo no teu caderno ou ben recortar e pegar as partes do traxe.
Para rematar esta semana de danza déixovos o enlace a unha páxina moi interesante que preparou a Fundación da Cidade da Cultura:
"Coa
axuda da Raposa Fedella, presentamos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo
Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía
na que hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para
descubrir a fascinante historia da danza a
través da pintura".
As solucións dos enigmas que plantexa Fedella aparecen no documento ao final de cada páxina. Non chegamos a tempo para facer o reto final (rematou o día 1 de maio) pero se queres realizar a actividade, envíama ao meu correo.