Esta semana déixovos as propostas organizadas en tres grupos, de máis sinxelas a máis complicadas, para que enrededes mentres aprendedes.
Enredos para comezar
1. Escribe o nome dos instrumentos tradicionais que aparecen nas imaxes neste encrucillado:
2. Adiviñas musicais
Enredos para seguir avanzando
3. Completa o xeroglífico-texto de notas musicais.
4. E agora busca o nome dos 12 instrumentos da música tradicional que aparecen nas imaxes no caldo de letras:
Enredos para expertos
5. Para os máis expertos déixovos un sudoku:
Fíxate ben nas cores, porque no cadrado hai 7 grupos, e cada grupo está formado por sete cadradiños. Completa cada grupo co nome das sete notas musicais... pero, o nome das notas non pode estar repetido nin en vertical (columna) nin en horizontal (fila).
6. A continuación tedes un "Pasapalabra de música galega". Podedes facelo online clicando no título ou a través das imaxes que vos deixo a continuación:
Esta indicación * significa que a palabra que se busca inclúe a letra,pero non comeza por ela.
Enviade as solucións dos enredos que fagades ao meu correo adelacastelao20@gmail.com
Poñede no asunto do correo o voso nome, apelidos e o curso no que estades.
Non é necesario que imprimades os enredos, escribide as solucións no caderno poñendo ben claro o número do enredo ao que lle dades resposta.
Ánimo e a enredar!!!!!