Para comezar deixo uns murais, coma os que temos na aula de música, onde vemos os principais instrumentos das orquestras e bandas clasificados en familias.
A continuación déixovos propostas de traballo por niveis para os próximos días.

1º e 2º nivel
Aquí tedes a historia "O pequeno Violín" para que a podades ler en familia.Ao final da presentación aparecen unha serie de preguntas e exercicios sobre o tema. Podedes facelos orais, para comentar a historia, ou escribilos en papel. Tamén vos deixo un debuxo do conto para colorear.
3º e 4º nivel
Podemos clasificar os instrumentos de percusión polo xeito de tocalos:
Podemos clasificar tamén os instrumentos de percusión segundo a súa altura sexa ou non determinada. Os instrumentos de altura determinada están afinados e poden tocar melodías.
Aprende máis sobre os instrumentos nos seguintes enlaces de xogos:
El timbre de los instrumentos
Instrumentos de percusión
O nome dos instrumentos
Clasificamos instrumentos
Investiga e contesta as preguntas:
5º e 6º nivel

4. En entradas deste blog, etiquetadas en instrumentos, tedes fotos dos instrumentos construídos polos rapaces e rapazas de cursos anteriores do Castelao.
Tamén nesas entradas tedes enlaces interesantes sobre como construír instrumentos reciclando materiais de refugallo.
Instrumentos na tradición galega
Instrumentos do mundo
Refugallo sonoro
5. Antes de comezar a facer o instrumento pensa nos materiais e ferramentas que vas precisar para facelo, tendo en conta que non imos mercar nada para construílo. Podes pedir axuda aos maiores da casa se necesitas facer algunha acción que resulte perigosa ou teña moita dificultade.
6. Busca a sonoridade do teu instrumento sen esquecer a estética:é importante que dediques tempo a decoralo e deixalo ben bonito pero o máis importante é que podas facer música con el.
7. Cando remates o teu traballo como luthier, cubre unha ficha onde deberás indicar o nome do instrumento, a familia á que pertence (aerófono, cordófono, idiófono, membranófono, electrófono), os materiais e ferramentas necesarios para construílo e un debuxo ou esquema do proxecto.
Debuxo
ou esquema do proxecto
|
Nome
do instrumento
|
|
Familia
á que pertence
|
||
Materiais
necesarios para construílo
|
||
Ferramentas
empregadas
|
||
Luthier:
|
Curso:
|
Se necesitades axuda ou tedes dúbidas contactade comigo adelacastelao20@gmail.com
Espero poder ver e escoitar moi pronto os vosos traballos. Ánimo!