Chegou a primavera e pillounos a todos confinados nas
nosas casas debido ao coronavirus.
Se estivésemos na aula de música do Castelao lembraríamos a Vivaldi e escoitaríamos
o 1º movemento da súa obra "As catro estacións" .
Antonio Vivaldi naceu en Venecia (Italia) en 1678.
Aprendeu a tocar o violín dende moi pequeno da man do seu pai. Con quince anos
iniciou estudos para facerse cura mentres seguiu estudando música.
Ordenouse sacerdote e, debido a unha enfermidade
respiratoria que padecía, deixou de facer misa. Conseguiu traballo como profesor de música nun orfanato. Coa orquestra
e o coro do Hospicio da Piedade fíxose
famoso internacionalmente. Vivaldi tiña
o cabelo de cor vermella polo que lle puxeron
o alcume o cura vermello.
Escribiu máis de 800 obras e sentou as bases, como
compositor, do modelo de concerto italiano en tres movementos,
rápido-lento-rápido.
Escoitemos o 1º movemento da suite As catro estacións que nos describe a primavera.
A primavera
Aquí vos deixo outro vídeo co tema do 1º movemento da Primavera de Vivaldi en forma de musicograma: cando se repite un tema musical aparece o mesmo debuxo, máis grande ou máis pequeno segundo a intensidade.
Unha cancionciña para que bailedes un pouco a ritmo de rock.
E podemos cantar a primavera con Mamá Cabra
Unha fermosa cantiga sobre a primavera. Está en portugués pero seguro que entenderedes o texto do karaoke: Cançäo da primavera.
E seguimos con outro Karaoke para os máis maiores: Canción de primavera de Joaquín Sabina.
Para rematar déixovos un vídeoclip que non fala da primavera pero si do que estamos vivindo neste momentos.
Son o grupo Lora, dous rapaces de Carral que coa canción Odisea chaman ao optimismo e á unidade para derrotar ao virus e aplauden a aqueles que van traballar e a todos os que nos quedamos na casa "separados para estar unidos ya habrá tiempo para recuperar los abrazos perdidos"
Se queres seguir xogando e traballando coa música visita os blogs
Feliz primavera a todos!