Igual que en cursos anteriores, os rapaces
e rapazas de 5º elaboraron unha árbore xenealóxica musical pero esta vez
incidindo na música galega.
Durantes as festas do Nadal, aproveitaron as reunións familiares para facer de reporteiros e entrevistar a pais, irmás, avós... recollendo información sobre as cantigas populares, cantos de xogos,de botar a sortes... que lembraban da súa infancia e xuventude, así como os nomes de cantantes, grupos, bandas e instrumentistas galegos que coñecían e dos que gustaban escoitar música.
Cos datos recollidos realizaron unha representación gráfica da súa árbore xenealóxica que expuxeron na aula de música, acompañada, en moitos casos, de audicións destes intérpretes.
Fai clik na imaxe ou no título e poderás ver algunhas destas árbores que formaron o bosque musical deste curso.
Fai clik na imaxe ou no título e poderás ver algunhas destas árbores que formaron o bosque musical deste curso.