luns, 30 de xaneiro de 2017

A Candeloria, cando casan os paxariños.

O 2 de febreiro é o día da Candeloria ,festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos. Dise que é o día no que casan os paxariños.
Hoxe en día é una data relixiosa na que se bendicen as candeas que serán empregadas nas celebracións da Semana Santa, mais, antigamente, en Galicia, considerábase esta data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Tamén se dicía que era a época na que os paxaros casaban e comezaban a preparar niños para as súas crías. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois dunha longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
Na literatura popular hai moitas referencias á Candeloria, sobre todo no noso refraneiro: 


Pola Candeloria casan os paxaros e máis a galiñola.

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra.
Se chora ou ri, a metade do inverno está por vir.
Se chora e fai vento, aínda o inverno está dentro.
Que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.


Na clase de música celebraremos a Candeloria cantando cancións que coñecemos, nos gustan e dalgún xeito fan referencia a esta celebración.

Eu teño alguén (María Fumaça)

Quérote mais ( O Sonoro Maxín)



O amor é un dos temas máis frecuentes dentro da música en calquera dos seus xéneros e estilos. A música é quen de conmovernos, animarnos, entristecernos, enfadarnos... ; é a compañeira perfecta para o amor. A música pode expresar todo o que non se pode dicir con palabras, é unha linguaxe universal entendida por todo o mundo.
A música tradicional, moderna ou clásica cántalle ao amor ou inspírase nel: amores románticos, platónicos, fraternais, amor á terra, amor aos lugares, amor ás ideas... todos e cada un deles son expresados a través da música de incontables xeitos diferentes.

Déixovos algúns exemplos aínda que a vós seguro se vos ocorren moitos máis:

L'amour est un oiseau rebelle, da ópera Carmen, de Bizet  

Soño de amor, nocturno para piano de Franz Lizst



One Hand, One Heart, do musical West side story  de L. Berstein




Mon coeur s'ouvre á ta voix, da ópera Sansón e Dalila de Camille Saent-Sains
A herba de namorar, Luar na lubre
Valse de amor, Radio Cos


El amor de mi Tierra, Carlos Vives


All you needs is love, The Beatles





martes, 17 de xaneiro de 2017

Agrupamentos instrumentais

Neste trimestre, co alumnado de 6º, imos estudar as diferentes agrupacións de instrumentos. Para que podades comezar  a realizar o traballo proposto na aula déixovos  algúns enlaces interesantes: 

No blogue Caixa de xogos  tes actividades interesantes para recoñecer instrumentos e agrupacións instrumentais. Lembra facer un clic sobre a pestana Flipcard e despois en Etiquetas.

Agrupacións instrumentais




 
Grupos de cámara


A Banda


A orquestra

Gameláns





luns, 9 de xaneiro de 2017

Xaneiro e os xoguetes

Despois duns días de descanso voltamos á escola cheos de historias que nos aconteceron no Nadal, onde os agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos teñen un protagonismo especial.

Déixovos un enlace ao blog de Marga Sampaio que nos relaciona a música cos xoguetes.

martes, 6 de decembro de 2016

A cantar polo Nadal

Chega o Nadal cargado de novas e vellas panxoliñas.

 Roteiro de villancicos




sábado, 26 de novembro de 2016

Contos, cantos e música

Seguimos a cantar, contar e escoitar na aula de música.
Que desastre de frautista!
O frautista de Hamelin pasea moi contento pola vila tocando a súa frauta seguido de todos os habitantes, pero ten un problema: o frautista nunca estudou Educación Vial e descoñece os sinais de tráfico!. Menos mal que tanto novos coma vellos lle botan unha man...
O vello reloxo

Ramón atopa no faiado o  reloxo do avó, vello destartalado e cheo de po. Intenta arranxalo pero a esfera non ten números. Ramón emprende unha aventureira viaxe na súa  busca e coñecerá a nova e sorprendente vida dos números que marcaban as horas no reloxo de parede do seu avó.
Seguiremos a viaxe de Ramón escoitando o andante da sinfonía 101 de  Josef Haydn "O reloxo". Maravillosa!



luns, 21 de novembro de 2016

25 de novembro


O día 25 de novembro é un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia que sofren as mulleres.
Este venres realizaremos un acto simbólico na nosa escola no que rapazas, rapaces e profesorado expresaremos o noso rexeitamento ante esta forma de violencia. 

domingo, 20 de novembro de 2016

Brinca vai! e brincando imos de concerto

O primeiro trimestre vai ramatando e como punto final vainos visitar Paco Nogueira para facernos rir, cantar, bailar e brincar cos seus temas de Brinca vai!
Neste traballo o músico compostelán fai un percorrido polos doce meses do ano cun amplo abano de estilos e  ritmos para achegarnos  moitos dos temas que tratamos na escola ao longo do curso: a natureza, as estacións, os xogos, a lectura, as festas populares...
Aquí vos deixo algunhas das súas cancións para que comecedes a brincar xa:
O apalpador

No Samaín
Apertas que voan
Meu o mundo é
Nun libro
O Entroideiro



sábado, 12 de novembro de 2016

Leonard Cohen, o cantor das palabras.

Leonard Cohen, coa súa voz grave e profunda encheu de música e poesía a vida de moita xente durante máis de cincuenta anos. A súa obra coma poeta e cantautor tivo moita influencia nas creacións  doutros músicos; os seus temas foron versionados por múltiples cantantes de diversos estilos. 

Hallelujah

Hallelujah, orquestra e coro
Hallelujah, a cinco voces


Take this Waltz


domingo, 16 de outubro de 2016

Bob Dylan, un cantautor nobel de literatura



A pasada semana o Premio Nobel de Literatura foille outorgado ao  cantautor e poeta estadounidense Bob Dylan.
O  xurado destacou a figura de Dylan  "por ter creado unha nova expresión poética dentro da gran tradición da canción norteamericana".
Traballaremos a música de Dylan na aula proximamente así que podemos ir "afinando" lendo e escoitando o seguinte enlace:

 Cantamos un nobel


mércores, 21 de setembro de 2016

Comezamos outro curso

E  haberá mellor xeito para comezar que botar uns bailes cos compañeiros e compañeiras mentres cantamos?

Pois...  comezamos con FOGO NICOLÁS


luns, 9 de maio de 2016

Cantamos con Manuel María

O 17 de maio de este ano, adicámosllo a Manuel María, o poeta da Terra Cha.
Os seus  poemas  foron e son fonte de inspiración para moitos dos nosos músicos.
Velaiqui unha pequena compilación dos poemas musicados de Manuel María

A CIDADE
 
A VACA

O ARCO DA VELLA

.
 


xoves, 21 de abril de 2016

Prince

Cantante, compositor, arreglista e multiinstrumentista foi un artista moi prolífico dende moi novo.
Naceu en 1958 , fillo dun pianista e unha cantante e deixounos hoxe con 57 anos.

Dou o salto á fama a finais dos anos 70 e chegou a gravar máis de 30 discos dos que vendeu máis de 100 millóns de álbums  ao longo da súa carreira. 
Foi un dos músicos máis imaxinativos da súa era. Na súa música fusionou o rock e o  funk  acadando grandes éxitos entre o público e moitos premios entre os que destaca un Óscar á mellor canción orixinal polo tema Purple Rain.










domingo, 17 de abril de 2016

O Quixote e a música




O 23 de abril celebramos o Día do Libro, e este ano conmemoramos dun xeito especial a obra de Cervantes por ser o cuarto centenario  da súa morte.








"En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor"


Sen dúbida “O Quixote” é a obra de Cervantes máis universal. Traducida a moitísimas linguas é unha novela que serviu e serve de inspiración a outros escritores, poetas, dramaturgos, pintores, escultores, actores  e, como non, a músicos e coreógrafos.

Dicía o Quixote  "Donde música hubiere, cosa mala no existiere". 
Dende o século XVII ata os nosos días O Quixote dou lugar a obras musicais de diferentes estilos e xéneros: ópera, zarzuela, música sinfónica,  música de cámara, canción lírica, música de cine e teatro, ballet e ata música popular e comercial. 

  • Gran Pas de Deux  do ballet Don Quixote coa música  de Ludwig Minkus. 


  • Unha das canción máis coñecidas sobre o Quixote foi a banda sonora da serie televisiva emitida en 1979.




Pero son moitos os cantantes que se viron inspirados por este singular personaxe da literatura española.  Se queres escoitar outras cancións entra no enlace:
                                                 Don Quixote nas cancións


O cabaleiro da triste figura tamén é un gran reclamo publicitario: 
 Quijote y publicidad


O curso pasado  o tema principal na nosa biblioteca foi  O CÖMIC. 
Un dos mellores ilustradores e debuxantes do noso país, Forges,  adicoulle ao Quixote moitas das súas viñetas. Queres velas?









venres, 11 de marzo de 2016

Luthiers de 5º

Un ano máis o alumnado de quinto expón o seu traballo como luthier.  Seguindo a temática proposta pola Biblioteca do centro, as olimpíadas, os alumnos realizaron en primeiro lugar un traballo de investigación sobre instrumentos de todo o mundo, para despois crear a súa propia versión do instrumento escollido. A reciclaxe de materiais foi un punto de partida para poder elaborar estes particulares instrumentos sen esquecer a colaboración de moitas familias que axudaron aos seus fillos e fillas  a levar a bo fin este traballo. Dende a aula de música  agradecemos a súa axuda. 

Os instrumentos están expostos  no corredor da planta baixa do centro, organizados en familias instrumentais. Todo o alumnado do Castelao fará un percorrido pola exposición durante a clase de música para ver e escoitar as achegas dos compañeiros de 5º nivel.


AERÓFONOS

CORDÓFONOS

IDIÓFONOS

MEMBRANÓFONOS




luns, 7 de marzo de 2016

Mulleres da música: Clara Rockmore e Minna Keal



O 9 de marzo celébrase o aniversario de Clara Rocmore, nena prodixio da música. Unha enfermidade nos ósos a incapacitou como violinista mais en lugar de esquecer a música adicouse ao estudo e interpretación dun instrumento moi especial, o theremin, instrumento electrónico que se toca sen tocalo e co que esta intérprete pasou a ser coñecida como a percusora da música electrónica.

Léon Theremin, creador do instrumento coñeceu a Clara cando ela tan so tiña 18 anos.  O ideólogo do theremin doulle a Clara Rockmore a oportunidade de interactuar co instrumento e ela comezou a tocalo de xeito que parecía que non fixera outra cousa na súa corta vida. A pesares de ser un dos instrumentos máis difíciles de tocar xa que non ten referencias nas que afinalo, Clara Rockmore logrou dominalo á perfección e abrir camiño para convertelo no pioneiro da música moderna.
No seguinte enlace podemos escoitar a interpretación de Clara Rockmore  co theremin  "O cisne" da obra "O entroido dos animais" do compositor Camille Saint-Säens

Tivemos a sorte de poder experimentar con este particular instrumento hai dous cursos na aula de música, cando o profe Óscar nos presentou  o seu theremin e o puxo nas nosas mans.

 Practica co theremin

Practica co theremin de google


Con motivo da celebración do 8 de marzo son moitos os artigos e entrevistas que aparecen na prensa sobre mulleres que tiveron ou teñen interese e relevancia no mundo científico, literario, artístico ou empresarial. Pero en  algún destes artigos tamén se fai referencia a outras mulleres, "mulleres aventureiras, valentes, ousadas, con visión de futuro, dun futuro que, posiblemente, nin sequera chegaron a albiscar".

Entre estas mulleres está  Minna Keal, unha  muller inglesa que estudou música de nena pero pasou a súa vida traballando coma secretaria.  Cando se xubilou con máis de 70 anos  lembrou o moito que gustaba de facer música cando era nena e volveu a sentarse ao piano comezando unha brillante carreira como compositora, carreira que desenvolveu ata que finou con 93 anos. «Sentía que chegaba ao fin da miña vida, pero tamén me sentía como se estivese empezando, como se vivise a miña vida ao revés»

Podedes escoitar neste enlace a Balada en Fa menor para viola e piano da compositora.





domingo, 17 de xaneiro de 2016

Apertas


Este curso imos celebrar o día da Paz con APERTAS

.




 Cunha aperta podemos reciir ou aportar  cariño, afecto, amor, protección, consolo, amizade, cordialidade, confianza, seguridade, gratitude e moitas máis cousas, todas elas positivas.


Na aula de música espérannos moitas apertas musicais:

Comezamos co tema de  Magin Blanco Rumba das aperta


Na Historia de un abrazo veremos unha fábula narrada sen palabras sobre a importancia das apertas dende a nosa infancia.



A forza dunha aperta é unha curta de animación sobre o poder das apertas fronte á violencia. 
Déixovos unha versión co fondo musical Apertas que voan de Paco Nogueira



E para os máis pequenos a canción Abrazo de oso


QUE AS APERTAS VOS ACOMPAÑEN!!!

sábado, 16 de xaneiro de 2016

Instrumentos musicais do mundo

A proposta deste trimestre para os LUTHIERS de 5º é a construción de instrumentos musicais con materiais de refugallo pero baseándose en instrumentos tradicionais dos cinco continentes, seguindo o fío temático proposto para este curso: Os xogos olímpicos.

Na aula de música e na biblioteca da escola podedes consultar diferentes libros que vos poden axudar na investigación sobre este tema así como na elaboración do voso instrumento.
Tamén na  INTERNET atoparades moita información sobre a construción de instrumentos reciclando materiais e moitas imaxes e información sobre instrumentos de todo o mundo.

Déixovos algúns enlaces interesantes:


Nesta páxina do Consello  da Cultura Galega atopamos unha completísima e moi interesante recopilación dos instrumentos musicais da nosa terra organizados en familias instrumentais realizada por Pablo Carpintero Arias.





Na Wikipedia atopamos unha páxina na que aparecen os instrumentos organizados por países.




Tamén vos deixo algún vídeo no que ademais de ver podedes escoitar o son dos instrumentos.

INSTRUMENTOS DE ÁFRICA:


INSTRUMENTOS MUSICAIS DE OCEANÍA:



INSTRUMENTOS DE AMÉRICA:





INSRUMENTOS DE VENTO: 




INSTUMENTOS DE PERCUSIÓN









INSTRUMENTOS DE CORDA





luns, 11 de xaneiro de 2016

David Bowie




 Onte deixounos David Bowie, un gran músico.  
Bowie  non era un músico máis, era único porque non se parecía a ningún outro músico. 
Cantante, instrumentista, fascinado polo cine, o arte, a moda,  os libros,  David Bowie viviu dende moi novo en constante evolución e transformación. Foi atrevido en todas as facetas da súa vida mais non seguindo as modas senón creando a súa propia.

Aqueles que o   o coñeceron e traballaron ao seu carón destacan del a súa gran elegancia, amabilidade e os modais exquisitos cos que trataba  á prensa, aos fans e todo aquel que se lle achegaba. 







martes, 8 de decembro de 2015

A outra música do Nadal


Un ano máis chega o Nadal e con el as panxoliñas e os Cantos de Reis. Podedes escoitar unha pequena selección nos enlaces do blogue de cursos anteriores:


Pero hoxe imos falar doutra música que tamén nos rodea nestas datas: a música da publicidade.

Din que unha imaxe val máis que mil palabras, pero se a esa imaxe lle engadimos son…  pasa a valer un millón.
Os publicistas coñecen ben o valor que ten a música nas súas creacións, e saben da influencia que ten o son que acompaña ás imaxes nos espectadores. Escoller a banda sonora dun spot publicitario é clave para captar á atención, espertar o interese  e achegar o produto anunciado ao maior número posible de consumidores. Segundo o público, ao que vai dirixido o anuncio, empréganse diversas estratexias musicais: cancións tradicionais, populares, música clásica, bandas sonoras de películas, éxitos musicais do momento ou “jingles” que son mensaxes ou slogans cantados e creados para anunciar un produto determinado.
        
A publicidade é a raíña do Nadal. Na televisión e na radio escoitamos a todas horas músicas que nos traen á mente produtos típicos que non faltan na nosa mesa durante as reunións  familiares ou posibles agasallos de Nadal.


Déixovos unha pequena selección de anuncios que forman parte da historia da televisión no noso país. Moitos deles foron creados antes de que vós nacerades pero seguro que os vosos pais e avós os lembran.


Na década dos setenta  unha coñecida marca de bebidas anunciábase polo nadal transmitindo unha fermosa mensaxe de paz.




Tamén na década dos setenta unha marca de xoguetes logrou convertir un "jingle" publicitario nunha panxoliña.



Entre 1998 e 2005 polo nadal entraba nas nosas casas a través do televisor O Calvo da lotería.

Lembras a música?  Seguro que si xa que temos bailado con ela xuntos máis dunha vez.



Como vai faltar o turrón na nosa casa na cea de Noiteboa!


















Ludovico Einaudi é o compositor e pianista italiano que pon a banda sonora do spot publicitario da lotería de Nadal de este ano.
A música do piano nas mans de Einaudi cóntanos, neste anuncio, a historia de Justino,  un garda de seguridade dunha fábrica de maniquís  no turno de noite. Justino está so e nunca coincide cos seus compañeiros, pero remata comunicándose e establecendo unha relación con eles a través das figuras da empresa.
 


Felices  e doces festas!