Non son moitas as mulleres que ao longo da
historia da música tiveron un papel relevante como compositoras, mais a figura da muller aparece vinculada á música
dende os primeiros tempos. Son numerosísimas
as esculturas, pinturas e gravados que nos amosan mulleres interpretando música
con instrumentos ou ben a través da danza e do canto.
Para celebrar
o 8 de marzo na aula de música
propóñovos un pequeno traballo de investigación sobre mulleres que hoxe en día
teñen un importante papel na nosa música como intérpretes ou compositoras, tanto no campo da música tradicional coma na música moderna.
Para ir adiantando déixovos unha fermosa
canción de Sés e animo aos Guitarristas do Castelao a que a interpreten coas
súas guitarras na clase.
Tamén quero que escoitedes ás cantareiras e pandereteiras do Castelao que levan tempo traballando a música tradicional na Asociación Camiño Real de Poulo.
E agora, cambiando de estilo musical, escoitemos a Olga Raíces, que ademais de ser amiga e compañeira da nosa escola é unha das mellores sopranos da nosa Terra.