xoves, 2 de marzo de 2017

Imos ao concerto con...ODAIKO


Co espectáculo INVENCIÓN, o grupo de percusionistas ODAIKO percorre distintos momentos históricos facendo un repaso ás grandes invencións da Humanidade. 
Como en todos os espectáculos de Odaiko, o humor, a interacción permanente co público e o virtuosismo musical son as ferramentas que farán espertar a curiosidade de todos os presentes.

Para ir preparándonos sobre o que imos ver e escoitar, ODAIKO cóntanos algunhas curiosidades: 

Sabías que...?
  •   … a batería xorde na música popular americana iniciada polos escravos africanos (bandas “dixiland”)?  
 Nun comezo a batería era tocada por varias persoas pero foise adaptando para reducir o número de instrumentistas, pasando dunha sección de catro ou tres persoas (cada persoa encargábase do bombo, da caixa, dos pratos e da percusión varia) a dous instrumentistas; ata o día de hoxe, no que un só instrumentista é quen de tocar todas as seccións da batería. 
  •  … os moldeados das baquetas fanse para conseguir máis rebote?
Deste xeito o son é mellor e os percusionistas poden ser moito máis áxiles.
  • os primeiros parches eran todos de pel natural de diferentes animais?
Había parches de cabra, de vaca, de serpes, etc., variando o tensado segundo o son que se quixera conseguir.
  • a maioría dos instrumentos que están dentro do noso vocábulo musical (maracas, cencerros, bombos…) nun primeiro momento foron unha simple casualidade?
Cunha combinación aleatoria de elementos percutidos por casualidade, hoxe en día son denominados “instrumentos pobres”, porque eran feitos con elementos do máis cotiá. Non obstante, demostra a gran capacidade artística e de auto-suficiencia do ser humano.




 Déixovos unhas actividades para que repasedes o que aprendemos na clase sobre os instrumentos de percusión:

Recoñecemos instrumentos de percusión


O nome dos instrumentos


Clasificamos instrumentos