Marc-Antoine Charpentier
(1643 - 1704) foi un compositor do Barroco francés.
Foi un compositor prolífico e versátil, producindo música da máis alta calidade
en distintos xéneros. A mestría da súa composición na música relixiosa vocal
foi recoñecida polos seus contemporáneos.
Curiosamente, chegou ao gran público do século XX a través do "TeDeum" , un rondó, que serviu de cabeceira ou
sintonía para os programas televisivos distribuídos a través da rede de
Eurovisión e especialmente coñecido por ser precisamente a apertura do Festival
de Eurovisión.
IN DULCI JUBILO
In dulci jubilo é unha versión instrumental dunha tradicional canción navideña do século XIV grabada polo
músico Mike Oldfield en 1975.
Mike Oldfield naceu en 1953 en Reading, nas aforas de Londres. Con
apenas dez anos xa compoñía os seus propios temas acústicos e con quince años, xunto
á súa irmá Sally, forma un grupo co que
grabaría un álbum.
Despois de publicar varios discos con grupo "Kevin
Ayers & The Whole World" comezou a traballar no seu proxecto"Tubular
Bells" co que conseguiu un grande
éxito en 1973 .
A partires dese intre compuxo e grabou diferentes
traballos que o convertiron nun dos grandes músicos de pop-rok a nivel
internacional.
Escoitade IN DULCI JUBILO interpretada polo multiinstrumentista Mike Oldfield
Hoxe finou Paco de Lucía, un dos grandes mestres
da guitarra española en todo o mundo.
As súas primeiras clases de música recibiunas
das mans dos seus pais, moi vinculados ao mundo do flamenco e con so catorce
anos gravou o seu primeiro disco.
A maior parte da súa carreira musical virou arredor
do flamenco aínda que tamén fixo incursións na música clásica, no jazz e na música pop, colaborando con grandes
artistas tanto nacionais coma internacionais.
Pola súa mestría e estilo persoal coa guitarra, logrou o respecto de guitarristas e músicos de diferentes estilos e recibiu
innumerables premios e recoñecementos en todo o mundo.
Un estupendo traballo do CEIP Valdelagrana asinado por Mercedes Machuca fai unha homenaxe a todas aquelas mulleres que tiveron ou teñen un papel importante dentro da historia da música.
Non son moitas as mulleres que ao longo da
historia da música tiveron un papel relevante como compositoras, mais a figura da muller aparece vinculada á música
dende os primeiros tempos. Son numerosísimas
as esculturas, pinturas e gravados que nos amosan mulleres interpretando música
con instrumentos ou ben a través da danza e do canto.
Para celebrar
o 8 de marzo na aula de música
propóñovos un pequeno traballo de investigación sobre mulleres que hoxe en día
teñen un importante papel na nosa música como intérpretes ou compositoras, tanto no campo da música tradicional coma na música moderna.
Para ir adiantando déixovos unha fermosa
canción de Sés e animo aos Guitarristas do Castelao a que a interpreten coas
súas guitarras na clase.
Tamén quero que escoitedes ás cantareiras e pandereteiras do Castelao que levan tempo traballando a música tradicional na Asociación Camiño Real de Poulo.
E agora, cambiando de estilo musical, escoitemos a Olga Raíces, que ademais de ser amiga e compañeira da nosa escola é unha das mellores sopranos da nosa Terra.
O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz na escola. Aquí vos deixo algunhas cancións relacionadas con este tema. Podedes cantar as cancións que fixemos outros anos entrando no enlace
A orquestra é unha agrupación ou conxunto instrumental que reúne instrumentos das tres grandes familias instrumentales: corda, vento e percusión. O número de músicos que poden formar parte dunha orquestra é moi variable en función da obra que vai ser interpretada aínda que de xeito xeral unha orquestra sinfónica conta cunha media de oitenta músicos onde a corda fretada é a familia máis numerosa. A palabra «orquesta» procede dunha palabra grega se usaba para nomear a zona
fronte ao escenario destinada ao coro e o seu dignificado é ‘lugar para danzar’.
Aquí vos deixo uns enlaces moi interesantes para que poidades aprender e investigar máis sobre a ORQUESTRA
Nos seguintes enlaces podes xogar e aprender como se colocan os diferentes instrumentos da orquestra e as súas características.
No mes de xaneiro asistiremos a un concerto musical moi especial da man da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a Real Filharmonía.
Interpretarán danzas, oberturas e marchas de diferentes compositores que nos invitarán a viaxar musicalmente arredor do mundo.
Aquí tedes un adianto do que imos escoitar:
Elgar: Pompa e Circunstancia, (1ª Marcha)
Pompa e circunstancia, é unha serie de cinco marchas orquestrales compostas por Edward Elgar (1857- 1934). A máis coñecida é a Marcha n.º 1, e polo xeral " Pompa e circunstancia" refírese a esta única peza. O estreno realizouse en Londres en 1901, e a audiencia pediu dúas repeticións. En 1902 foi adaptada para a coroación do rei Eduardo VII de Inglaterra incorporando o texto da oda “Land of Hope andGlory”. A fórmula tivo moito éxito e Elgar compuxo outras marchas, presentadas en 1905, 1907 e finalmente a quinta en 1930. En Estados Unidos, a Marcha n.º1 é coñecida simplemente como “Himno de graduación” e está directamente asociada coas cerimonias de colación de grados. Esa misma Marcha, tamén é empregada noutros países, non so como Graduación en colexios, tamén de Titulación en Institucións de Educación Superior, para recibir Diplomas e iniciar a Procesión Inicial de ditas Ceremonias.
Agora esoitaremos outra versión con coros.
Esta música empregouse tamén na película Fantasía 2000 .
Albert W. Ketelbey (1875-1959) foi un compositor inglés, pero tamén editor de música e director dunha firma discográfica inglesa. Escribiu música para o teatro londiniense e moitas das súas obras foron empregadas como acompañamento de películas de cine mudo e nos salóns de baile. "Nun mercado persa" é unha pequena peza de música escrita en 1920, moi popular pola súa forza descritiva e polas fermosas melodías que contén. Con esta obra, Ketelbey intentou pintar con música o barullo dun mercado de Bagdad. A obra componse de 10 escenas diferentes, cada unha delas co seu propio tema musical.
No seguinte enlace podes atopar diferentes actividades relacionadas con esta peza musical NUN MERCADO PERSA
Podes intentar tocar coa frauta o tema dos mendigos
Rossini: Obertura de "Il signore
Bruschino"
“Il Signor Bruschino” é unha ópera buffa nun so acto composta en 1813 polo compositor
italiano Gioachino
Rossini .
A trama
sitúase nun castelo francés onde Sofía e
Florville, dous mozos moi namorados queren casar pero non contan coa aprobación
das súas familias que se opoñen ao enlace.
Ela está prometida por contrato co fillo do señor Bruschinoao que non coñece.
O mozo Florville aproveitase
da situación e faise pasar polo prometido, pero o engano descóbrese cando
aparece o noivo oficial. Despois duns instantes caóticos e ante o asombro de todos, os verdadeiros amantes conseguen
o seu propósito.
Escoitaremos no concerto a obertura coa que da comezo esta ópera.
Chaikovsky: Danza China de "O
crebanoces"
A «Danza china» é un dos movementos da suite para ballet O Crebanoces que escribiu o compositor ruso Tchaikovsky e estrenou en 1892. Esta obra está inspirada no conto de Hoffmann "O Crebanoces e o rei dos ratos"
Componse de tres partes: unha obertura ou introdución, seis danzas
(unha delas é a «Danza china») e un movemento final: o «Vals das flores». O argumento do conto de Hoffmann trata duns nenos que
reciben os seus agasallos de Nadal: unha serie de xoguetes que cobran vida no soño dunha nena. Este argumento permite que o compositor nos leve, a través das danzas, a mundos exóticos, como é o caso desta danza («Danza china») ou das outras: «Danza da Fada Confite»,
«Danza Rusa», «Danza Árabe» e «Danza das Cañas de bambú».
Esta
danza está escrita en compás cuaternario e trata basicamente dun
diálogo entre a frauta e a corda, sobre o murmurio constante do fagot. Ao final do movemento, ese diálogo vaise convertindo nunha
pequena discusión na que todos os instrumentos participan á vez, aínda que coa preponderancia das frautas. Destaca sobre todo o uso
de carillóns e o obstinato do fagot ao longo de toda a peza.
Imos ver a versión que Disney fixo desta peza dentro da película "Fantasía"
Podemos escoitala agora seguindo un musicograma
Offenbach:
Galop de "Orphée aux Enfers"
Orfeo nos infernos é unha ópera cómica do
compositor Jacques Offenbach baseada no mito de Orfeo e Eurídice.
Jacques
Offenbach naceu en
Alemaña en 1819 e morreu en París en 1880. Foi un gran compositor e violinista , creador da ópera moderna e da
comedia musical e un dos músicos máis influentes na música popular europea do
século XX.
O fragmento que escoitaremos no concerto
corresponde ao Galop final da ópera, que
se fixo moi popular en todos os teatros e salóns de baile:o can can
O cancán é un baile rápido e vivaz, escrito en
compás de 2/4 que se baila habitualmente nun escenario formando unha fila e caracterízase
por movementos provocativos, patadas altas e alzamento e movemento das saias e
vestidos das danzarinas
Copland: Hoe Down da Suite "Rodeo"
Aaron
Copland ( 1900 - 1990) foi un compositor de
música clásica estadounidense que destacou tamén pola súa labor como pianista,
profesor e como compositor de música
para o cine polo que foi nomeado varias
veces para o s premios Óscar (conseguiuno en 1950).
Compuxo o ballet Rodeo en 1942 e coa súa
música e a coreografía de Agnes de Mille
narra unha historia que nos sitúa no
oeste americano onde unha vaqueira busca
o amor.
Escoitaremos “ Hoe Dow” , a última das pezas que forman
esta suite para ballet.
Emerson, Lake & Palmer, unha banda
británica de rock
progresivo moi popular na década dos 70 publicou en 1972 unha versión
moi particular da obra HoeDown de Copland.
A artista Eleanor Stewart crea unha animación moi orixinal para acompañar a música de Hoe Down