O sábado díxonos adeus Maya Plisetskaya, a gran dama do ballet.
Maya naceu en Moscú en 1925 e comezou a bailar con so tres anos. En 1941 incorporouse ao teatro Bolshói onde moi pronto se converteu nunha estrela.
Sen dúbida é una das máis grandes artistas da historia da danza , capaz de conmover coa súa deslumbrante técnica artística e a súa forte personalidade en escena a todo aquel que contemplase as súas interpretacións.
Imos ver a continuación unha das súas grandes interpretacións: "O cisne" de Saint-Saëns.
"La primera imagen que evoca el nombre de Maya Plisetskaya es el de la figura blanca y frágil de la bailarina interpretando, con el lastimero violonchelo de Saint-Saëns, «La muerte del cisne». Sus brazos alados que dibujaban dolor con su mágico movimiento eran el sello inconfundible de una de las más grandes artistas de la historia de la danza" (Julio Bravo, crítico cultural)
Podemos visionar tamén a súa personal interpretación do "Bolero" de Ravel que traballamos na última sesión da clase de música.